Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 382:
Despois da súa morte, a reputación de Bach como compositor diminuíu inicialmente: a súa obra foi considerada anticuada comparada co emerxente ''[[style galant]]'', un movemento que pode ser visto como o precursor do [[Clasicismo musical|clasicismo]] de finais do [[século XVIII]].<ref>{{Cita libro |título=Beethoven: the Universal Composer |apelidos=Morris |nome=Edmund |ano=2005 |editorial=HarperCollins |lugar=New York |isbn=0-06-075974-7|lingua=en|cita=[Bach was] mocked as passé even in his own lifetime. ([Bach foi] burlado como pasado de moda mesmo na súa propia vida.)}}</ref> Inicialmente foi lembrado máis como intérprete e profesor.
 
Durante finais do século XVIII e principios do [[século XIX|XIX]], Bach foi recoñecido por varios compositores prominentes pola súa obra para teclado. [[Wolfgang Amadeus Mozart]], [[Ludwig van Beethoven]], [[Frédéric Chopin]], [[Robert Schumann]], e [[Felix Mendelssohn]] estaban entre os seus admiradores; todos eles comezaron a escribir nun estilo máis contrapuntístico despois de coñeceren a música de Bach.<ref name="SWW452">{{Cita libro|apelidos1=Schenk |nome1=Erich |apelidos2=Winston |nome2=Richard |apelidos3=Winston |nome3=Clara |últimoamp=esi |título=Mozart and his times |lugar=Nova York |editorial=Alfred A. Knopf |ano=1959 |oclc=602180|lingua=en|páxina=452}}</ref> Beethoven o describiu como ''"Urvater der Harmonie"'', o "o pai orixinal da harmonía".<ref>{{Cita libro |apelidos=Beethoven|nome= Ludwig van|título=Beethoven im eigenen Wort|url=https://archive.org/details/beethovenimeige01kersgoog |apelidos-editor=Kerst |nome-editor=Friedrich |lingua=de |ano=1904 |editorial=Schuster & Loeffler |lugar=Berlin|páxina=101|oclc=20010723}}</ref>
 
Durante o [[século XX]], o proceso de recoñecemento do valor musical e pedagóxico dalgunhas das súas obras continuou, quizais de xeito máis notable na promoción das súas [[Suites para violoncello só (Bach)|suites para violoncello]] por parte de [[Pau Casals]], o primeiro gran intérprete en gravar estas suites.<ref>{{Cita web|title=Robert Johnson and Pablo Casals' Game Changers Turn 75|url=http://www.npr.org/2011/11/23/142700464/robert-johnson-and-pablo-casals-game-changers-turn-75|páxina-web=NPR Music|accessdate=3 de xullo de 2015|data=23 de novembro de 2011|lingua=en}}</ref> Outro desenvolvemento foi grazas ao crecemento das interpretacións "auténticas" ou "[[interpretación historicista|historicistas]]", un movemento que pretende presentar a música como o compositor a concibiu. Algúns exemplos deste movemento inclúen a interpretación das obras para teclado con [[clavicémbalo]]s en lugar de [[piano]]s modernos, ou empregar coros pequenos ou voces soas en lugar das grandes agrupacións corais favorecidas polos intérpretes do [[século XIX]] e principios do XX.<ref>{{Cita enciclopedia|título=Musicology - Principal Methodologies For Musicological Research|url=http://science.jrank.org/pages/10338/Musicology-Principal-Methodologies-Musicological-Research.html|enciclopedia=Science Encyclopedia|lingua=en|data-acceso=3 de xullo de 2015}}</ref>