Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot:Retiro parámetro non usado "month="
[[Ficheiro:Harnsäure_Ketoform.svg|miniatura|Ácido úrico na forma tautomérica ceto.]]
[[Ficheiro:Harnsäure Enolform.svg|miniatura|Ácido úrico na forma tautomérica [[enol]].]]
O '''ácido úrico''' é unha substancia química orgánica cíclica de orixe natural a carácter fortemente ácido do grupo das [[purina]]s, formado por un anel de [[pirimidina]] e outro de [[imidazol]], con fórmula C<sub>5</sub>H<sub>4</sub>N<sub>4</sub>O<sub>3</sub>. Fórmase como subproduto do [[metabolismo das purinas]]. Os seus sales chámanse uratos. O seu exceso en sangue pode orixinar [[Gota (enfermidade)|gota]]<ref name="Heinig M, Johnson RJ 2006 1059–64">{{Cita publicación periódica |author=Heinig M, Johnson RJ |title=Role of uric acid in hypertension, renal disease, and metabolic syndrome |journal=Cleveland Clinic Journal of Medicine |volume=73 |issue=12 |pages=1059–64 |year=2006 |month=December |pmid=17190309 |doi=10.3949/ccjm.73.12.1059}}</ref> ou [[cálculo renal|cálculos renais]].
 
O home e os primates eliminan nos ouriños ácido úrico (pero o residuo nitroxenado principal é a urea), xa que carecen do encima [[uricase]] que o transforma en alantoína, presente noutros mamíferos. Os réptiles e aves eliminan ácido úrico como residuo nitroxenado principal.
== Patoloxía ==
No corpo humano o ácido úrico fórmase no metabolismo degradativo das purinas, e en condicións fisiolóxicas é eliminado nos [[ril]]es polos [[ouriños]]. Cando existe unha concentración elevada de ácido úrico en sangue fálase de hiperuricemia. No plasma humano considérase normal unha concentración entre 3.6&nbsp;mg/dL (~214&nbsp;µmol/L) e 8.3&nbsp;mg/dL (~494&nbsp;µmol/L)<ref name="SI Units for Clinical Data">[http://www.unc.edu/~rowlett/units/scales/clinical_data.html SI Units for Clinical Data]</ref> segundo a [[American Medical Association]].<ref>AMA Manual of Style Web site. Units of measure conversion table. http://www.amamanualofstyle.com/oso/public/jama/si_conversion_table.html
</ref> A concentracións sanguíneas de polo menos 0,1 g/l pode precipitar e acumularse nas [[articulación (anatomía)|articulacións]] e no [[tecido conectivo]], causando a patoloxia coñecida como [[Gota (enfermidade)|gota]] <ref>{{Cita publicación periódica |author=Tausche AK, Unger S, Richter K, ''et al.'' |trans_title=Hyperuricemia and gout: diagnosis and therapy |language=German |journal=Der Internist |volume=47 |issue=5 |pages=509–20; quiz 521 |year=2006 |month=May |pmid=16586130 |doi=10.1007/s00108-006-1578-y |title=Hyperurikämie und Gicht}}</ref>. A [[síndrome de Lesch-Nyhan]] tamén está asociada con altos niveis séricos de ácido úrico<ref>{{Cita publicación periódica |author=Luo YC, Do JS, Liu CC |title=An amperometric uric acid biosensor based on modified Ir-C electrode |journal=Biosensors & Bioelectronics |volume=22 |issue=4 |pages=482–8 |year=2006 |month=October |pmid=16908130 |doi=10.1016/j.bios.2006.07.013}}</ref>.
 
Os seus niveis nos ouriños poden aumentar en caso de que se incremente o metabolismo das purinas, come sucede na [[distrofia muscular]], ou en condicións de elevada lise celular como en procesos [[tumor]]ais ou despois dunha [[quimioterapia]].
 
Nos últimos anos descubríronse datos contrapostos sobre os beneficios e prexuízos do ácido úrico.
En doses fisiolóxicas normais pode funcionar como antioxidante contra os radicais hidroxilo ou o ''peroxi-nitrito'' producido nas inflamacións. Pero con concentracións cronicamente elevadas, pode desencadear un estado preinflamatorio no [[endotelio]] vascular, hipertensión e insulino-resistencia, que é unha complicación común en [[diabetes|diabéticos]]<ref>{{Cita publicación periódica |author=Cappuccio FP, Strazzullo P, Farinaro E, Trevisan M |title=Uric acid metabolism and tubular sodium handling. Results from a population-based study |journal=JAMA |volume=270 |issue=3 |pages=354–9 |year=1993 |month=July |pmid=8315780 |doi=10.1001/jama.270.3.354}}</ref> . Nos diabéticos o consumo de [[frutosa]] eleva os niveis de ácido úrico máis rapidamente ca a [[glicosa]] ou [[sacarosa]].
 
== Notas ==
381.175

edicións