Labirintulomicetos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
Liña 23:
''[[Diplophrys]]''
}}
Os '''labirintulomicetos''' ('''Labyrinthulomycetes''' segundo o [[ICBN]], e '''Labyrinthulea'''<ref>Cavalier-Smith, T. (1997). "Sagenista and bigyra, two phyla of heterotrophic heterokont chromists". Archiv für Protistenkunde 148 (3): 253–267. DOI:10.1016/S0003-9365(97)80006-1. [http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0003936597800061]</ref> segundo o [[ICZN]]), son un grupo de [[protista]]s con categoría de [[clase (bioloxía)|clase]] que se caracterizan por producir unha rede de filamentos ou tubos, <ref name="pmid18977305">{{Cita publicación periódica |author=Tsui CK, Marshall W, Yokoyama R, ''et al.'' |title=Labyrinthulomycetes phylogeny and its implications for the evolutionary loss of chloroplasts and gain of ectoplasmic gliding |journal=Mol. Phylogenet. Evol. |volume=50 |issue=1 |pages=129–40 |year=2009 |month=January |pmid=18977305 |doi=10.1016/j.ympev.2008.09.027 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1055-7903(08)00475-2}}</ref> que lles serven como vías de reptación para que escorreguen por elas as súas células e absorben nutrientes para elas e fíxanos ao substrato. Existen dous grandes grupos: [[labirintúlido]]s e [[traustoquítrido]]s (Thraustochytriales). Son principalmente mariños, frecuentemente [[parasito]]s de [[alga]]s e vexetación mariña ([[anxiosperma]]s como as [[posidonia]]s e outras) ou como [[descompoñedor]]es de materia vexetal morta. Uns poucos son parasitos de invertebrados mariños.
 
Os filamentos ectoplásmicos que segregan, aínda que se proxectan fóra da célula, están rodeados pola [[Parede celular|membrana celular]] e saen da célula por entre os espazos que hai entre unha especie de escamas que cobren a célula. Fórmanse e conéctanse ao [[citoplasma]] por un [[orgánulo]] exclusivo chamado saxenóxeno, saxenoxenetosoma <ref>Lynn Margulis,Heather I. McKhann,Lorraine Olendzenski. Illustrated Glossary of Protoctista: Vocabulary of the Algae, Apicomplexa ... [http://books.google.es/books?id=y55Efu3baksC&pg=PA110&lpg=PA110&dq=sagenogen&source=bl&ots=lgJsW7CAqO&sig=LfLV-FyqALbAoL__ei5YwX3ulAM&hl=es&sa=X&ei=4JYAUInGOsPR0QW4hcS4Bw&sqi=2&ved=0CGAQ6AEwCA#v=onepage&q=sagenogen&f=false Google books]</ref>, saxenetosoma <ref>Silvina M. Rosa, Miguel A. Galvagno, Carlos G. Vélez. Primeros aislamientos de Thraustochrytriales (Labyrinthulomycetes, Heterokonta) de ambientes estuariales y salinos de la Argentina. Darwiniana 44(1): 81-88. 2006 ISSN 0011-6793 [http://www.scielo.org.ar/pdf/darwin/v44n1/v44n1a07.pdf] </ref> ou botrosoma. As células son uninucleadas e tipicamente ovoides, e móvense dun lado para outro sobre a rede amorfa de filamentos a velocidades que van de 5 a 150 μm por minuto. Nos labirintúlidos as células escorregan dentro da rede de filamentos que os envolve totalmente, e nas colonias de traustoquítridos están a un lado e os filamentos parecen "raíces".