Hidroxilisina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
Liña 1:
[[Ficheiro:Hydroxylysine.png|miniatura|dereita|Hidroxilisina.<br>[[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]]: ácido (''2S,5R'')-2,6-diamino-5-hidroxihexanoico.<ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=3032849]</ref><br>Outros nomes: 5-hidroxi-L-lisina, ácido α,ɛ-diamino-δ-hidroxicaproico.<br>[[Número CAS]]: 28902-93-4.]]
A '''hidroxilisina''' (Hyl) é un [[aminoácido]] coa fórmula molecular C<sub>6</sub>H<sub>14</sub>N<sub>2</sub>O<sub>3</sub>. É un aminoácido [[aminoácido non proteinoxénico|non proteinoxénico]], é dicir, non está codificado no [[código xenético]], pero orixínase nas proteínas por [[modificación postraducional]] da [[lisina]]. Foi descuberto en 1921 por [[Donald Van Slyke]] en forma de 5-hidroxilisina.<ref>{{Cita publicación periódica | last1 = Van Slyke | first1 = DD. | last2 = Hiller | first2 = A. | title = An Unidentified Base among the Hydrolytic Products of Gelatin. | journal = Proc Natl Acad Sci U S A | volume = 7 | issue = 7 | pages = 185–6 | month = Jul | year = 1921 | doi = 10.1073/pnas.7.7.185| pmid = 16586836 | pmc=1084845}}</ref> Aparece principalmente formando parte da proteína [[coláxeno]].<ref>[http://herkules.oulu.fi/isbn9514267990/html/x319.html Hydroxylysine] at [[University of Oulu]]</ref> e doutras proteínas animais con dominios de coláxeno. O grao de hidroxilación dos residuos de lisina no coláxeno depende do tipo de coláxeno de que se trate; no coláxeno tipo III o 17% das lisinas están hidroxiladas, no tipo IV o 90% e no VI o 80%.<ref name=USCN>USCN Life Science [http://www.uscnk.com/directory/Hydroxylysine(Hyl)-0742.htm Hydroxylysine]</ref>
 
Biosintetízase a partir da lisina por medio dunha oxidación realizada por [[encima]]s [[lisil hidroxilase]]s. A forma máis común é o [[estereoisómero]] 5R, cun [[grupo OH]] no carbono 5, que se encontra no coláxeno. Porén, atopouse recentemente que a proteína nuclear do xene JMJD6 (''jumonji domain-containing 6 protein'') é unha lisil hidroxilase que modifica un factor de [[splicing]] do [[ARN]], que produce o estereoisómero 5S<ref>Webby CJ, Wolf A, Gromak N, Dreger M, Kramer H, Kessler B, Nielsen ML, Schmitz C, Butler DS, Yates JR 3rd, Delahunty CM, Hahn P, Lengeling A, Mann M, Proudfoot NJ, Schofield CJ, Böttger A. Jmjd6 catalyses lysyl-hydroxylation of U2AF65, a protein associated with RNA splicing. Science. 2009 Jul 3;325(5936):90-3. doi: 10.1126/science.1175865. PMID 19574390. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19574390]</ref>. Ademais, en ''E. coli'', identificouse polo menos un encima lisina ''N''-hidroxilase, denominado IucD.<ref>{{Cita publicación periódica | last1 = de Lorenzo | first1 = V., ''et al.'' | title = Aerobactin biosynthesis and transport genes of plasmid ColV-K30 in Escherichia coli K-12. | journal = J. Bacteriol. | volume = 165 | issue = 2 | pages = 570–8 | month = Feb | year = 1986 | pmid = 2935523 | pmc=214457}}</ref>
 
Os grupos hidroxilo da hidroxilisina no coláxeno estabilizan enlaces intra e intermoleculares e serven de punto de unión de carbohidratos.<ref name=USCN/>