Glándula suprarrenal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
Liña 5:
== Anatomía e Fisioloxía ==
[[Ficheiro:MAHADRENALS.jpg|miniatura|esquerda|Un escaneado de tomografía computerizada no que se distinguen as suprarrenais con forma triangular sobre os riles.]]
Anatomicamente, as glándulas suprarrenais ou adrenais están localizadas no [[retroperitoneo]] na parte superior dos [[riles]]. Están rodeadas por unha [[cápsula adiposa]] e pola [[fascia renal]]. Nos humanos, as glándulas suprarrenais están ao nivel da 12ª vértebra torácica ou dorsal. Cada glándula adrenal comprende dúas partes distintas: a parte externa da glándula, que é o córtex adrenal, e a parte interna ou medula adrenal; ambas as partes producen hormonas. O córtex produce principalmente [[cortisol]], [[aldosterona]] e menores cantidades de [[andróxeno]]s e [[estróxeno]]s, e a medula produce [[adrenalina]] e [[noradrenalina]]. O peso conxunto das glándulas suprarrenais é de entre 7 e 10 g nos humanos adultos. <ref>[http://journals.lww.com/obgynsurvey/Citation/1972/01000/Reinfection_With_Rubella_in_Pregnant_Women.4.aspx Page 18] in: {{Cita publicación periódica |author=Boué A, Nicolas A, Montagnon B |title=Reinfection with rubella in pregnant women |journal=Lancet |volume=297 |issue=7712 |pages=1251–3 |year=1971 |month=June |pmid=4104713 |doi=10.1016/S0140-6736(71)91775-2 |url=}}</ref>
{{clear}}
 
Liña 19:
:Situada entre a glomerulosa e a reticular, a zona fascicular supón o 78% do córtex, e está formada por células poliédricas grandes formando columnas, cun gran retículo endoplasmático liso e gran aparato de Golgi e moitas [[mitocondria]]s e pingas lipídicas citoplasmáticas. Os encimas necesarios para a síntese hormonal a partir do colesterol están nas mitocondrias e retículo endoplasmático liso <ref name=Fawcett/>. Esta zona é responsable da produción de [[glicocorticoide]]s, como o [[11-desoxicorticosterona]], [[corticosterona]], e [[cortisol]] nos humanos. O cortisol é o principal glicocorticoide en condicións normais e as súas accións inclúen a mobilización das graxas, proteínas, e carbohidratos, pero non as incrementa en condicións de desnutrición. <ref name=Kaplan.Physio /> Adicionalmente, o cortisol potencia a actividade doutras hormonas como o [[glicagón]] e as [[catecolamina]]s. A zona fasciculada segrega niveis basais de cortisol pero pode tamén producir picos da hormona en resposta á [[hormona adrenocorticotropa]] (ACTH) da [[adenohipófise]] ou pituitaria anterior.
;Zona reticular
:A capa máis interna do córtex humano, a [[zona reticular]], é unha rede anastomosada de cordóns celulares de células con pingas lipídicas citoplasmáticas e un gran [[retículo endoplasmático]] liso. Producen [[andróxeno]]s, principalmente [[deshidroepiandrosterona]] (DHEA), [[DHEA sulfato]] (DHEA-S), e [[androstenediona]] (o precursor da [[testosterona]]) nos humanos. <ref name=Kaplan.Physio /> <ref name="pmid17945481">{{Cita publicación periódica | author = Rainey WE, Nakamura Y | title = Regulation of the adrenal androgen biosynthesis | journal = J. Steroid Biochem. Mol. Biol. | volume = 108 | issue = 3-5 | pages = 281–6 | year = 2008 | month = February | pmid = 17945481 | doi = 10.1016/j.jsbmb.2007.09.015 | pmc = 2699571}}</ref> Non en todas as especies animais se pode distinguir unha zona reticular e non sempre está dedicada a producir andróxenos, como ocorre nos ratos, onde a zona produce corticosteroides (especificamente [[corticosterona]], non cortisol), e as femias dos roedores teñen ademais outra capa chamada "zona X" de función incerta.
 
=== Síntese e accións das hormonas do córtex ===