Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
Liña 67:
Os [[cloroplasto]]s da maioría dos dinoflaxelados fotosintéticos están envoltos por tres membranas, o que suxire que probablemente se orixinaron a partir de algas inxeridas. A maioría das especies fotosintéticas conteñen [[clorofila]]s ''a'' e ''c2'', o [[carotenoide]] [[beta-caroteno]], e un grupo de [[xantofila]]s que parece ser exclusivo dos dinoflaxelados, tipicamente [[peridinina]], dinoxanthina, e diadinoxantina. Estes [[pigmento biolóxico|pigmentos]] danlle a moitos dinoflaxelados a súa distintiva cor castaña dourada. Porén, algún dinoflaxelados adquiriron outros pigmentos por medio de [[endosimbiose]], como a [[fucoxantina]] <ref> Hackett, J. D. et al. 2004. “Dinoflagellates: a remarkable evolutionary experiment.” American Journal of Botany 91: 1523-1534. </ref>.
Isto suxire que os seus cloroplastos foron incorporados en varios eventos endosimbióticos que implicaron a formas xa pigmentadas ou que secundariamente perderan a cor. A descuberta de [[plasto]]s nos [[Apicomplexa]] fixo que algúns suxerisen que os herdaron dun antepasado común aos dous grupos, pero ningunha das liñas basais os ten.
A célula dos dinoflaxelados consta dos orgánulos máis comúns como o [[retículo endoplasmático]] rugoso e liso, [[aparato de Golgi]], [[mitocondria]]s, lípidos e [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] de [[amidón]] e [[vacúolo]]s alimenticios. Algúns teñen un orgánulo sensible á luz, o punto ocular ou estigma, ou un gran [[núcleo celular|núcleo]] que contén un prominente [[nucléolo]]. O dinoflaxelado ''Erythropsidium'' ten o ollo máis pequeno coñecido. <ref name="Schwab">{{Cita publicación periódica | last=Schwab | first=IR | title=You are what you eat | journal=British Journal of Ophthalmology | volume=88 | issue=9 | pages=1113 | publisher=BMJ Group | month=September | year=2004 | pmid=15352316 | doi=10.1136/bjo.2004.049510 | pmc=1772300}}</ref>
 
Algunhas especies teñen un esqueleto interno que consiste en dous elementos silíceos con forma estrelada con función descoñecida, e poden atoparse tamén como [[microfósil]]es. Tappan<ref> Tappan, H. 1980. The Paleobiology of Plant Protists. Freeman and Company, San Francisco, 1028 pp. </ref> fixo un amplo estudo dos dinoflaxelados con esqueletos internos, que inclúe a primeira descrición detallada dos [[pentáster]]es en ''Actiniscus pentasterias'', baseada en observacións con microscopio electrónico de varrido.
Liña 116:
== Bioluminescencia ==
[[Ficheiro:Noctiluca scintillans.jpg|miniatura|dereita|Bioluminescencia de ''[[Noctiluca scintillans]]''.]]
Pola noite, ás veces a auga pode ter unha aparencia escintilante debido á [[bioluminescencia]] dos dinoflaxelados. <ref>{{cita libro|autor=Castro, Peter; Huber, michael E.|título=Marine Biology|ano=2010|editor=McGraw Hill|lugar=New York|páxinas=95|edición=8}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|last=Hastings|first=J. Woodland|title=Chemistries and colors of bioluminescent reactions: a review|journal=Gene|year=1996|volume=172|issue=1|pages=5–11}}</ref> Polo menos 18 xéneros de dinoflaxelados son bioluminescentes, e a maioría deles (como [http://www.mbari.org/staff/conn/botany/dinos/alimon/biolumin.htm ''Gonyaulax'']) emiten unha [[lonxitude de onda]] verde-azulada. Por tanto, cando son estimulados mecanicamente polo paso dun barco, a natación ou as ondas do mar, pode verse por exemplo un escintileo azul que emana da superficie do mar. <ref name="haddock">{{Cita publicación periódica|last=Haddock|first=Steven H.D.|coauthors=Moline,M.A., Case, J.F|title=Bioluminescence of the sea|journal=Annual Review of Marine Science|date=1|year=2009|month=October|volume=2|pages=443–493|doi=10.1146/annurev-marine-120308-081028}}</ref> A reacción [[luciferina]]-[[luciferase]] responsable desta bioluminescencia é sensible ao [[pH]]. <ref name="haddock"/> Cando cae o pH (maior acidez), o encima [[luciferase]] cambia a súa forma, permitindo que a molécula bioluminescente [[luciferina]] se una. <ref name="haddock"/> Os dinoflaxelados poden utilizar a bioluminescencia como un mecanismo de defensa. Poden asustar aos seus depredadores cos seus escintileos de luz ou poden protexerse dos seus predadores potenciais indirectamente por un efecto de "alarma antirroubo". <ref name="haddock"/> Os dinoflaxelados poden usar a súa bioluminescencia para atraer a atención sobre o seu depredador, que pode así ser vulnerable a outros depredadores de cadeas tróficas máis altas.<ref name="haddock"/>
 
As baías onde abundan os dinoflaxelados bioluminescentes están entre os [[ecosistema]]s máis fráxiles e raros. <ref>[http://www.scientificamerican.com/article.cfm?id=bright-microbes Bright Microbes; Scientists uncover new clues to bioluminescence] April 24, 2012</ref>