Chlamydophila pneumoniae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
Liña 29:
''C. pneumoniae'' é un causante común de [[pulmonía]] en todo o mundo, e é un tipo de [[pneumonía adquirida na comunidade]]. Como o seu tratamento e diagnose son diferentes das causas da pulmonía recoñecidas historicamente, como as infeccións por ''[[Streptococcus pneumoniae]]'', esta pulmonía por ''C. pneumoniae'' denominouse como "[[pneumonía atípica]]" .<ref>{{Cita publicación periódica |author=Pignanelli S, Shurdhi A, Delucca F, ''et al.'' |title=Simultaneous use of direct and indirect diagnostic techniques in atypical respiratory infections from Chlamydophila pneumoniae and Mycoplasma pneumoniae.|journal=J Clin Lab Anal. |volume=23 |issue=4 |pages=206–9 |year=2009 |pmid=19623657 |url= |doi=10.1002/jcla.20332}}</ref>
 
Avaliouse en moitos estudos a posible conexión entre casos previos de infección por ''C. pneumoniae'' e o [[cancro de pulmón]]. Unha [[metaanálise]] de datos [[seroloxía|serolóxicos]] que comparaba casos previos de infeccións por ''C. pneumoniae'' en pacientes que posterioremte desenvolveron cancro pulmonar e outro que non o desenvolveron deu resultados que suxiren que ditas infeccións previas estaban asociadas cun lixeiro incremento do risco de desenvolver cancro de pulmón.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Zhan P, Suo LJ, Qian Q, ''et al.'' |title=Chlamydia pneumoniae infection and lung cancer risk: A meta-analysis |journal=Eur. J. Cancer |volume=47 |issue=5 |pages=742–7 |year=2011 |month=March |pmid=21194924 |doi=10.1016/j.ejca.2010.11.003 |url=}}</ref>
 
Tamén se investigou a asociación entre a infección por ''C. pneumoniae'' e a [[aterosclerose]] e obstrucións coronarias, e as probas serolóxicas, análises patolóxicas directas de placas e probas ''in vitro'' suxiren que a infección crónica por esta bacteria pode ser un factor de risco para o desenvolvemento de placas ateroscleróticas. A infección por ''C. pneumoniae'' incrementa a adherencia de [[macrófago]]s ás [[célula endotelial|células endoteliais]] ''in vitro'' e en [[aorta]]s ''[[ex vivo]]''.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Takaoka N, Campbell LA, Lee A, Rosenfeld ME, Kuo CC |title=Chlamydia pneumoniae infection increases adherence of mouse macrophages to mouse endothelial cells in vitro and to aortas ex vivo. |journal=Infect Immun. |volume=76 |issue=2 |pages=510–4 |year=2008 |month=February |pmid=18070891 |doi=10.1128/IAI.01267-07}}</ref> Porén, os datos actuais non definen a frecuencia con que se atopa ''C. pneumoniae'' nos tecidos vasculares ateroscleróticos e nos normais, nin permiten determinar se a infección por ''C. pneumoniae'' ten un efecto causal na formación de ateromas ou se simplemente é un "pasaxeiro inocente" nesas placas. Os ensaios de maior tamaño que estudaron o uso de [[antibiótico]]s como prevención de enfermidades asociadas con aterosclerose, como os [[infarto agudo de miocardio|ataques ao corazón]] e [[accidente cerebrovascular|ataques cerebrovasculares]], non mostran ningunha diferenza significativa entre os antibióticos e o [[placebo]].<ref>{{Cita publicación periódica |author=Mussa FF, Chai H, Wang X, Yao Q, Lumsden AB, Chen C |title=Chlamydia pneumoniae and vascular disease: an update |journal=J. Vasc. Surg. |volume=43 |issue=6 |pages=1301–7 |year=2006 |month=June |pmid=16765261 |doi=10.1016/j.jvs.2006.02.050 |url=}}</ref>
 
Atopouse ''C. pneumoniae'' no [[líquido cefalorraquídeo]] dalgúns pacientes diagnosticados de [[esclerose múltiple]].<ref name="pmid10401775">{{Cita publicación periódica |author=Sriram S, Stratton CW, Yao S, ''et al.'' |title=Chlamydia pneumoniae infection of the central nervous system in multiple sclerosis |journal=Ann. Neurol. |volume=46 |issue=1 |pages=6–14 |year=1999 |pmid=10401775 |doi= 10.1002/1531-8249(199907)46:1<6::AID-ANA4>3.0.CO;2-M|accessdate=}}</ref>