Vilaboa, Vilaboa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
+ info
Liña 14:
 
==Patrimonio==
A '''igrexa parroquial''' foi construída orixinalmente no [[século XII]]. Desta etapa consérvase o [[prebisterio]] e un lintel [[románico]] no lateral sur. No século XVIII reconstruíuse a fachada, e no século XIX reformouse a nave, de planta rectangular e [[neoclásico|neoclásica]], cunha capela contigua á sancristía. A fachada é [[barroca]], enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo. Sobre a parte posterior do tellado hai un pedestal cun ''agnus dei'', un carneiro en posición ergueita, cunha [[cruz]] antefixa sobre o seu lombo.<sup>[[Wikipedia:Como engadir imaxes|imaxe requirida]]</sup>
 
A fachada é [[barroca]], enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo.
 
Sobre a parte posterior do tellado hai un pedestal cun ''agnus dei'', un carneiro en posición ergueita, cunha [[cruz]] antefixa sobre o seu lombo.<sup>[[Wikipedia:Como engadir imaxes|imaxe requirida]]</sup>
 
A casa reitoral é un pazo de pedra do [[século XVII]]. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata.
[[Ficheiro:Vilaboa-Hórreo de la rectoral (13421332635).jpg|miniatura|300px|Hórreo da reitoral.]]
Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun [[canastro]] do século XVIII de 36 pés.
 
A casa reitoral é un pazo de pedra do [[século XVII]]. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata. Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun [[canastro]] do século XVIII de 36 pés.
En [[Acuña, Vilaboa, Vilaboa|Acuña]] hai dous cruceiros. Un deles é de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.
 
En [[Acuña, Vilaboa, Vilaboa|Acuña]] hai dous cruceiros. Un deles é de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.<br>O outro cruceiro, situado detrás dun pequeno altar de [[granito]], data do século XVIII. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do [[purgatorio]] son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.
 
O [[peto de ánimas]] do Toural está sobre unha base ruda en forma de pedestal. Nel aparecen tres penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente [[Francisco de Asís]]).
 
[[Ficheiro:Petróglifo de Chan dos Areeiros.jpg|dereita|miniatura|Petróglifo de Chan dos Areeiros.]]
 
No límite coa parroquia de [[Vilaboa, Vilaboa|Vilaboa]] está o [[petróglifo]] de Chan dos Areeiros<ref>[http://pontevedraviva.com/xeral/22367/comezan-vilaboa-traballos-posta-valor-petroglifo-chan-areeiros/ "Comezan en Vilaboa os traballos de posta en valor dos petróglifos de Chan dos Areeiros"], artigo en ''Pontevedra Viva'', 3 de setembro de 2015.</ref>, con inscricións medievais.
 
==Notas==
{{referencias}}
 
==Lugares e parroquias==