Cason: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
A solicitude de socorro foi lanzado ás 7:45 horas da mañá e atendida pola Axudantía de Mariña de [[Corcubión]]. Ás 10:30 chegaron xunto ó barco os servizos de salvamento, cando xa estaba a unhas cinco millas da costa, e observaron unha columna de fume que xurdía dunha das súas adegas. Os mariñeiros saltaran á auga e comezaron a recollerse os primeiros oito cadáveres.
 
Ás 8 da tarde embarrancaba preto da praia do Rostro, nona entornocontorna da Punta do Castelo<ref>Esta punta mariña recibe o nome de "Punta do Castelo" por atoparse nas inmediacións do [[Castromiñán|castelo ou castro de Castromiñán]].</ref>. sospeitouse que o barco foi encallado deliberadamente polo remolcador español ''Remolcanosa 5'', despois de que o armador se negase a responder economicamente do custo do rescate <ref>''El País'', 1.03.1989 [http://elpais.com/diario/1989/03/01/espana/604710006_850215.html] fíxose eco dun informe elaborado por una comisión parlamentaria presidida por Joaquín Ruíz Giménez. O xornal dicía que "''El informe recoge la sospecha de que el buque fue dejado a la deriva por falta de interés en evitarlo, de suerte que la recompensa por el salvamento sería 10 veces mayor si el barco embarrancaba. O sea, que lo embarrancaron voluntariamente''".</ref>.
 
Nas poboacións costeiras xorde inmediatamente a inquietude ante o descoñecemento das características da carga que transportaba. O capitán, único membro da tripulación que coñecía esta información, morrera nas primeiras horas do accidente. O xefe de máquinas advertíu da existencia de bidóns marcados co símbolo de produto tóxico da clase 6 <ref>Teñen esta categoría as materias que, en cantidade relativamente pequenas, por inhalación, contacto ou inxestión, poden danar a saúde humana ou casar a morte. Moitas delas desprenden gases tóxicos se lles afecta un incendio ou se quentan suficientemente.</ref>. O feito de que os mariñeiros saltaran á mar en vez de permanecer a bordo, tendo en conta que o incendio era local e non semellaba de gravedade, facía pensar nun grave perigo da posible explosión do barco e da súa carga. Todo o anterior, unido á falta de información oficial e ó confuso que era a información existente, fai que nas vilas próximas se sucedan as asembleas populares pero non serven para dar a información que esixen os veciños nin moito menos para tranquilizalos. O gobernador civil da Coruña, Andrés Moreno Aguilar, insistía en que a situación estaba controlada pero, simultaneamente, a [[Consellería de Educación]] ordenaba suspender as clases nos colexios da zona.