Oklahoma: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 186:
Cun sistema educativo composto por distritos escolares públicos e institucións privadas independentes, en Oklahoma había 631.337 estudantes matriculados en 1.849 escolas públicas de [[primaria]], [[secundaria]], e escolas de formación profesional en 540 distritos escolares no ano [[2006]]. Oklahoma atópase entre os estados con menor gasto por estudante, tan só 6.614 dólares por cada estudante no ano [[2005]], ocupando o posto 47ª da nación, a pesar de que o seu crecemento total en gastos para a educación entre 1992 e 2002 ocupou o 22º. O estado encóntrase entre os mellores na educación [[preescolar]], e o Instituto Nacional para a Educación Infantil fixo unha avaliación por primeira vez nos Estados Unidos con respecto ás normas, a calidade, e o acceso á preescolar no 2004, considerando a Oklahoma un modelo a seguir na ensinanza preescolar. Se ben as altas taxas de deserción escolar minguaron un 29% entre 2005 e 2006, Oklahoma estaba entre os tres estados de Estados Unidos con máis persoas adultas na escola secundaria, cun 3,2 por cento de taxa de abandono escolar. No 2004, o estado ocupou o posto triséximo sexto no país na porcentaxe relativa de adultos co título de secundaria, que co 85,2 por cento, tiña a taxa máis alta entre os estados do sur.<ref>{{Cita web | título= High school diploma or higher, by percentage by state | editorial= Statemaster.com | ano= 2004 | url = http://www.statemaster.com/graph/edu_hig_sch_dip_or_hig_by_per-high-school-diploma-higher-percentage | dataacceso= 23 de xuño de 2011}}</ref><ref>{{Cita web | título=Missouri and the Nation| editorial= [[Universidade de Misuri]]| data= 09-02-2007 | url = http://www.oseda.missouri.edu/mo_nation/no_highschool_grad_1990_2000.shtml| dataacceso= 23 de xuño de 2011}}</ref>
A [[Universidade de Oklahoma]] e a [[Universidade do Estado de Oklahoma]] son as maiores institucións públicas de educación superior en Oklahoma, as cales operan a través dun campus principal e outros campus satélites por todo o estado. As dúas universidades, xunto coa [[Universidade de Tulsa]], teñen das mellores famas do país en estudos de empresariais, e a Universidade de Oklahoma e a Universidade de Tulsa atópanse entre as primeiras universidades do país, polas súas
== Deportes ==
|