Oklahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 73:
Oklahoma é o vixésimo estado máis grande dos Estados Unidos, cunha superficie de 181.035 km², con 177.847 km² de terra e 3.188 km² de auga. É un dos seis estados na Franxa Fronteiriza que separa as Terras Altas e as Grandes Chairas, cerca do centro xeográfico dos 48 estados continentais. Limita polo leste con [[Arcansas]] e [[Misuri]], polo norte con [[Kansas]], polo noroeste con [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], polo extremo oeste con [[Novo México]], e polo sur e oeste, con [[Texas]].
 
Encóntrase entre os estados máis diversos xeograficamente e é un dos catro que albergan máis de 10 rexións ecolóxicas diferentes. Contén once dentro das súas fronteiras, máis por quilómetro cadrado que calquera outro estado por unha ampla marxe. Marcados polas diferenciasdiferenzas na diversidade xeográfica, o leste de Oklahoma ten oito rexións ecolóxicas, mentres que a metade occidental ten tres.
 
Oklahoma está situado entre as [[Grandes Planicies|Grandes Chairas]] e a [[Meseta de Ozark]], e pódese dicir que está inclinado seguindo as altas chairas do seu límite occidental e as zonas baixas e pantanosas no seu límite sueste. Os puntos máis altos e máis baixos así o indican, estando o seu pico máis alto, o [[monte Black Mesa]], con 1.516 metros, situado na esquina que limita con Novo México, e o punto máis baixo, tomado no [[río Little]], no seu límite suroriental, que se encontra a 88 metros sobre o nivel do mar.