Oklahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 205:
O aeroporto comercial máis grande de Oklahoma é o [[Will Rogers World Airport]], en Oklahoma City, con máis de 3 millóns e medio de pasaxeiros no [[2005]]. O [[Aeroporto Internacional de Tulsa]] é o segundo aeroporto comercial máis grande do estado, con máis de 3 millóns de pasaxeiros anuais. Nestes dous aeroportos, operan unhas trece liñas aéreas principais.<ref>{{Cita web| ano=2007|url= http://www.tulsaairports.com/index.cfm?id=3| título= Tulsa International Airport - Airline Information | editorial=Tulsa Airport Authority| dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref><ref>{{Cita web | url=http://www.flyokc.com/Default.aspx| título=Will Rogers Airport| dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref> En tráfico, o aeroporto de Riverside-Jones en [[Tulsa]] é o aeroporto máis ocupado do estado, con 335.826 despegues e aterraxes no 2008.<ref>{{Cita web | ano=2007 | url= http://www.tulsaairports.com/index.cfm?id=11| título= Riverside Jones Airport | editorial=Tulsa Airport Authority| dataacceso=02-08-2007}}</ref> En total, Oklahoma ten máis de 150 aeroportos de uso público.<ref>{{Cita web| url= http://www.okairports.com/airports-communities| título= Airports of Oklahoma | editorial=Oklahoma Airport Operators Association| dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref>
 
Oklahoma está unida á rede nacional ferroviaria coa liña [[Heartland Flyer]], de [[Amtrak]], e é a única liña rexional ferroviaria de pasaxeiros. Actualmente esténdese desde [[Oklahoma City]] a [[Fort Worth]], en [[Texas]], con 332 quilómetros de traxecto, aínda que a principios do 2007, o goberno do estado estaba buscando financiaciónfinanciamento para levar a liña até Tulsa.<ref>{{Cita publicación periódica| nome=Brian|apelido=Barber|url= http://www.tulsaworld.com/news/article.aspx?articleID=070118_Ne_A11_el2Fe11577| título= Federal matching funds may help bring Amtrak to Tulsa | editorial=Tulsa World| dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref>
Dous portos fluviais operan en Oklahoma: o [[Porto de Muskogee]] e o [[Porto de Tulsa de Catoosa]]. O único porto que se encarga do transporte internacional é o Porto de Tulsa de Catoosa. É o porto fluvial situado máis ao interior do país e transporta máis de dous millóns de toneladas anuais. Ambos portos están situados no sistema de navegación McClellan Kerr do [[río Arkansas]], que conecta o tráfico de barcos de Tulsa e Muskogee até o [[río Mississippi]], a través do dito río Arkansas e tamén o [[río Verdigris|Verdigris]], constituíndo unha das vías fluviais máis transitadas do mundo.<ref name="Tulsa Port News">{{Cita web | url= http://www.tulsaport.com/news_and_events.html | título= What's new at the port? | editorial=Tulsa Port Authority| dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref>