Linguas pama-nyunganas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
O nome "pama-nyungan" deriva dos nomes de dous subgrupos de linguas moi separadas xeograficamente, as [[linguas paman]] do nordeste e as [[linguas nyungan]] do suroeste. As palabras ''pama'' e ''nyunga'' significan "home" nas respectivas linguas.
 
As outras familias de linguas indíxenas de [[Australia]] adóitanse clasificar, por exclusión, como [[linguas non pama-nyungan]], aínda que este non é un termo taxonómico. As linguas pama-nyungan contan co maior número de linguas debido ao seu amplo espallamento xeográfico e tamén coa maioría da poboación de [[aborixes australianos]]. Porén, a meirande parte delas teñen só uns poucos centos de falantes ou menos e están consideradas [[lingua en perigo de extinción|linguas en perigo de extinción]]. Algunhas xa pasaron a ser [[lingua morta|linguas mortas]].
 
== Notas ==