Clärenore Stinnes: Diferenzas entre revisións

expedicionaria alemá, primeira muller en dar a volta ao mundo en coche
Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "Clärenore Stinnes"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2015 ás 18:53

Naceu en Mülheim. Seu pai era o magnate da industria e político alemán Hugo Stinnes, Con tan só 24 anos participou na súa primeira carreira automobilística, e en 1927 xa se atopaba entre os mellores pilotos europeos daquela época. O 25 de maio de 1927 emprendeu unha viaxe ó redor do mundo xunto con Carl-Axel Sóderström, a quen coñecera só dous días antes de saíren nun Adler/Standard 6 de serie xunto con dous mecánicos e unha camioneta de apoio con pezas de recambio e o resto do equipo. A aventura contou cunha subvención de 100.000 marcos aportados pola industria automobilística alemá (Adler, Bosch e Aral).

Adler Estándar 6, o modelo que Stinnes conduciu na súa viaxe.

Atravesaron os Balcáns e logo de pasar por Beirut, Damasco, Bagdad e Teherán chegaron a Moscú, onde abandonou a expedición por enfermidade un dos mecánicos. Cando atravesaban Siberia o segundo mecánico tamén decidiu deixar a aventura, de modo que a partir de entón só quedaron Clara e Carl-Axel. Ao chegaren a Irkurst, nas orillas do Lago Baikal, tiveron que facer unha parada en medio do cru inverno siberiano. Foron os primeiros en atravesar nun veículo a motor o Lago Baikal xeado. Cruzaron Mongolia, o deserto do Gobi e chegaron a Pekín e dalí, en ferry pasaron a Xapón onde escalaron o monte Fuji. Atravesaron o Pacífico con escala en Hawai ata América do Sur. Atravesaron a Cordilleira dos Andes onde sufriron numerosas penurias e estiveron a piques de morrer de inanición. Chegaron entón a Valparaíso (Chile), onde embarcaron en dirección a Estados Unidos, pasando por Panamá. Dende Los Ángeles atravesaron Estados Unidos, onde recibiron o recoñecemento xeral da población e das autoridades. En Detroit o propio Henry Ford amosoulles a súa fábrica e, logo de chegaren a Washington, foron recibidos na Casa Branca polo presidente Herbert Hoover. Viaxaron en barco ata Le Havre e de alí a Berlin, onde de novo foron recibidos con honores polos seus compatriotas o 24 de xuño de 1929, tras completar un periplo de 47.000 kilómetros en coche.
Á volta da viaxe, Carl-Axel Sóderström divorciou da súa esposa sueca para casar coa súa compañeira de aventura. A parella instalouse en Suecia e tiveron 3 fillos naturais e varios adoptados. Carl-Axel morreu en 1976 e Clara en 1990. Nos anos 80 un cineasta alemán elaborou unha película a partires das gravacións realizadas durante a viaxe, a cuxa presentación en Hamburgo acudeu a propia Clara Stinnes.

.[1]

References

  1. "Vor 80 Jahren um die Welt". Welt Online (en alemán). 3 March 2007. Consultado o 22 May 2015. 

Ligazóns externas

Artigo na revista Time do 26 de setembro de 1927: a filla de Stinnes.

Artigo na revista Time do 11 de xuño de 1928: Fraulein and Swede.
Extractos da película orixinal da viaxe en YouTube.
Entrada na IMDb sobre Carl-Axel Söderström.
Entrada na IMDb sobre o documental do ano 2009 titulado "Fräulein Stinnes f¨hart um die Welt (a señorita Stinnes da a volta ó mundo).