Charles Darwin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 143:
[[Ficheiro:Charles Darwin by Maull and Polyblank, 1855-crop.png|miniatura|esquerda|Foto de estudo que mostra a característica testa e ollos profundos de Darwin. Di de si mesmo mesta foto que "se eu realmente teño tan mala expresión na face, como esa miña foto dá, como é logo que se sorprendan as miñas propias amizades dela".]]
 
A comezos do 1856 Darwin estaba investigando se os ovos e aas sementes poderían sobrevivir a viaxes a través dos fluxos de corrente de auga e conseguir que as especies puideran colonizar ó longo dos océanos. [[Joseph Dalton Hooker|Hooker]] aumentaba nas súas dúbidas da visión tradicional de que as especies eran fixas, mais o seu novo amigo [[Thomas Henry Huxley]] xa era un firme detractor da transmutación das especies. [[Charles Lyell|Lyell]] estaba intrigado nas especulacións de Darwin aínda sen caer na dimensión real diso. Cando leu a publicación de [[Alfred Russel Wallace]], a "Sobre da lei que regula a introdución de novas especies", apreciou similitudes coas ideas de Darwin e fixo que se achegara a Darwin e motivalo a que publicase para establecer o seu precedente. Inda que Darwin non apreciou risco ningún, comezou a traballar na súa pequena publicación. Atopar solucións a preguntas complexas levouno a incentivalo continuamente e ampliou o seu plan de traballo a escribir un "gran libro sobre das especies" titulado "Selección Natural". Continuou coas súas investigacións, obtendo máis información e espécimes de naturalistas de todo o mundo, entre os cales estaba Wallace, quen traballaba en [[Borneo]]. O botánico americano [[Asa Gray]] mostrou un interese parecido e o 5 de setembro de 1857 Darwin envioulle a Gray unha lista detallada das súas ideas, onde ía un resumo de "Selección Natural". En decembro Darwin recibiu unha carta de Wallace preguntándolle se o libro ía explorar as [[Evolución humana|orixes do home]]. Respondeulle que ía evitar ese punto, "tan rodeado de prexuízos", e animouno a que postulase a súa teoría e engadiu que "Eu irei máis aló ca ti".
 
O libro de Darwin só estaba en parte escrito cando o 18 de xuño do 1858 recibiu un artigo de Wallace describindo a selección natural. Atónito por ter sido "anticipado", Darwin envioullo artigo a Lyell, como lle pedía Wallace, e inda que Wallace non preguntara por publicación ningunha, Darwin suxeriulle que o remitirse a calquera xornal que el estimase. A súa familia estaba en crise cos rapaces das vilas que estaban a morrer de [[escarlatina]] co que lle deixou o tema nas mans de Lyell and Hooker. Despois de varios debates, decidíronse por realizar unha presentación conxunta na [[Linnean Society]] o 1 de xullo sobre "A Tendencia das Especies a Formar Variedades e a Perpetuación de Variedades e Especies por Medios Naturais de Selección". Porén, o neno de Darwin morreu de escarlatina e estaba moi afectado como para asistir.