Olivier Clément: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: ligs ints
Liña 10:
==Pensamento==
Para Olivier Clément, a humanidade individual e colectivamente está rota, disociada e trastocada:
{{Cita|''Divididos en nós mesmos, estámolo, así mesmo, entre nosoutros: somos individuos inimigos, solitarios ou confundidos, solitarios na confusión mesma...individuos xustapostos de rostosfacianas herméticosherméticas, coa ollada do outro ocultándonos o universo ''|Sobre o Home}}
 
Influenciado pola visión de [[Sartre]] no ''Ser e a Nada'', entende que o outro representa para cada un o seu fracaso: a imposibilidade de realizarse en comunióncomuñón, que é a única forma de realizarse. Fronte a isto, asistimos á dexeneración histórica do cristianismo en moral, e na dexeneración desa mesma moral en esmagamento infantil do [[super-eu]], en noción castradora do puro e do impuro, ou nunha sublimación dunha especie de anxelismo que desemboca na disociación esquizofrénica entre unha rede de deberes e a densidade da vida.
 
Ante isto, é soamente arriscándose naquela densidade da vida, tal como quería [[Kierkegaard]], onde se debe atopar resposta. Despuirse de toda seguridade ata abrirse ao Amor ofrecido en [[Cristo]] mediante un proceso de ''metanoia'' (conversión) que leve ao home a contemplar o carácter irrisorio dos persoaxespersonaxes no gran teatro do mundo, a caer dramáticamentedramaticamente na conta da futilidade dos ídolos que non sacian a sede fundamental nin rachan coa raíz de todos os temores: a morte mesma. Morte entendida como amputación dunha arela de vida e, xa que logo, como asasinato (''a morte é sempre un asasinato porque interrompe unha existencia feita de eternidade''). Ou Morte como tempo que desgasta, mecaniza e destrúe e como espazo que divide, afasta e apreixa. Así ata descubrir que son fundamentalmente amado: ''Que son porque son amado''.
 
==Obras==