Belo Horizonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 72:
=== Pampulha ===
[[Ficheiro:IgrejaPampulha.jpg|miniatura|esquerda|170px|Igrexa de S.Francisco]]
A excepción máis notable dese desenvolvemento desordenado e anónimo foi a erección do conxunto de [[Pampulha]], un barrio ao norte. Dende 1940 era ''prefeito'' da cidade [[Juscelino Kubitschek]] (despois presidente do país e impulsor de [[Brasilia]]), que deseguido encargou ao arquitecto [[Oscar Niemeyer]] o plan de acondicionamento do entorno dunha lagoa artificial embalsada nese tempo. O resultado foi un conxunto arquitectónico e paisaxístico de lecer ([[1943]]<ref> ''Conxunto de Pampulha, "Arquitextos 004"'' [http://www.vitruvius.com.br/arquitextos/arq000/esp011.asp]</ref>) que supuxo o lanzamento da arquitectura moderna brasileira na esceaescena internacional e por extensión a de Niemeyer e outros artistas que colaboraron, sinaladamente o paisaxista [[Burle-Marx]].
 
A área de Pampulha tense convertido na actualidade nunha zona de equipamentos culturais, educacionais e o futuro parque tecnolóxico.