Diferenzas entre revisións de «Homeostase»

m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
 
== Historia ==
A homeostase foi descuberta por [[Claude Bernard]] a mediados do [[século XIX]], cando observou que as variacións corporais como [[temperatura]], [[presión arterial]] e [[frecuencia cardíaca]] tiñan como obxectivo devolve-la estabilidade ao corpo. Sen embargoPorén, o termo homeostase foi acuñado en [[1928]] polo biólogo [[Walter Cannon]] (1871-1945), que recibiu o [[Premio Nobel]] por definir en [[1932]], no libro ''The Wisdom of the Body'', as características que rexen a homeostase e que son:
* Importancia do sistema nervioso como do endócrino no mantemento dos mecanismos de regulación.
* Nivel tónico de actividade: Os axentes tanto do medio interno como do medio externo manteñen unha moderada actividade que varía lixeiramente cara arriba ou cara abaixo.
* Controis antagónicos: Cando un factor ou axente cambia un estado homeostático nunha dirección, existe outro factor ou factores que tende a contrarrestar ao primeiro con efecto oposto. É o que se chama [[retroalimentación negativa]] ou “feed-back”.
* A homeostase é un proceso continuo que implica o rexistro e regulación de múltiples parámetros.
* Un fallo dos mecanismos homeostáticos produce enfermidades ou a [[morte]]. As situacións nas que o corpo non pode manter os parámetros biolóxicos dentro do seu rango de normalidade, xorde un estado de [[enfermidade]] que pode ocasionar a morte.
 
== Factores que inflúen na homeostase ==
196.592

edicións