Lingua chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 168:
[[Singapur]], que posúe unha considerábel comunidade chinesa, é o único e primeiro país estranxeiro que adoptou de forma oficial a simplificación dos caracteres. En [[Malaisia]] tamén é o sistema máis empregado ''de facto'' entre as xeracións máis novas.
 
UnhaUn lector chinés cunha boa educación pode recoñecer entre 4 000 e 6 000 caracteres, mentres que se requiren uns 3 000 para poder ler e entender os xornais. O goberno chinés define a alfabetización dos seus traballadores co coñecemento de 2 000 caracteres, aínda que esta só é unha alfabetización funcional. Un dicionario completo, como o dicionario de Kangxi, contén arredor de 40 000 caracteres, incluíndo caracteres arcaicos e raros, dos que menos dunha cuarta parte son de uso común hoxe en día.
 
=== Homófonos ===