Lingua chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro marcador
Liña 150:
A relación entre o chinés falado e o escrito é bastante complexa. As variedades do chinés foron evolucionando ao longo do tempo, mentres que a escrita cambiou moi pouco. A [[litaratura]] [[chinés clásico|chinesa clásica]] comezou no [[Período das Primaveras e Outonos]], aínda que os exemplos máis antigos que se conservan de chinés son inscricións en [[óso oracular|ósos oraculares]] do ano [[-1250]], coincidindo coa época da [[dinastía Shang]].<ref name="Schuessler (2007)" />
 
A [[ortografía]] chinesa baséase en caracteres ou ''hanzi'', que se escriben en bloques rectangulares imaxinarios. Tradicionalmente escríbianseescribíanse en columnas verticais que se debían ler de arriba a abaixo e de esquerda a dereita. Os caracteres chineses son [[morfema]]s independentes dos cambios fonéticos. Por exemplo, o caracter [[wikt:一|一]] ("un") lese ''yī'' en [[chinés estándar]], ''jat1'' en [[lingua cantonesa|cantonés]] e ''chi̍t''/''it'' en [[lingua hokkien|hokkien]]. O vocabulario das principais variantes chinesas é moi diverxente e tamén existen "caracteres dialectais" que se empregan nas diversas variantes en situacións coloquiais de chinés escrito. Por exemplo, os caracteres 冇 e 係 do [[lingua cantonesa|cantonés]] e a [[lingua hakka]] son considerados arcaicos e non se usan na escrita do chinés estándar.
 
O cantonés coloquial escrito fíxose moi popular nos chats da Internet e na [[mensaxería instantánea]] entre os falantes de cantonés de [[Hong Kong]]. O seu emprego está considerado moi informal e non se utiliza en contextos máis formais.