Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

m
sen resumo de edición
m
Desde que na [[crise de abril (1917)|crise de abril]], as tropas da guarnición da capital —uns 180&nbsp;000 soldados, máis outros 152&nbsp;000 nas localidades próximas<ref name="wade100"/>— seguisen as ordes do [[Soviet de Petrogrado]]<ref name="uldricks617"/> e non as do xeneral [[Lavr Kornilov]], comandante da mesma, o Goberno non tivo máis remedio que tratar coas unidades de Petrogrado a través do soviet.<ref name="rabinowitch49"/> O Goberno non contaba en realidade con tropas realmente fieis: as unidades revolucionarias tendían a seguir as directrices dos grupos de extrema esquerda.<ref name="mosse106">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 106</ref><ref name="ferro335">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 335</ref> Os intentos, ilegais, do propio Goberno de frear a propaganda derrotista dos xornais entre as tropas, resultaron inútiles.<ref name="pethybridge134">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 134</ref> A finais de xullo, o gabinete restaurou a censura militar na prensa a petición do alto mando, e ante a súa ineficacia, tratou de eliminar a prensa derrotista.<ref name="pethybridge135">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 135</ref> A propaganda derrotista, principalmente bolxevique, era moito máis eficaz que a do Goberno, que rara vez chegaba aos soldados, e era moito máis próxima aos sentimentos destes, os máis afectados pola guerra.<ref name="pethybridge160">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 160</ref> Foi o propio propio Goberno, porén, o que permitiu a discusión política aos soldados que non estivesen de servizo, por presión da esquerda e contra a opinión dos mandos. A posibilidade de debater, a propaganda derrotista, e a crise de avituallamento da fronte fixeron que o extremismo político de esquerda se estendese rapidamente entre as tropas.<ref name="pethybridge162">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 162</ref>
 
Como no caso de outros grupos, as exixencias dos soldados –uns—uns sete millóns na fronte e outros dous millóns e medio nas guarnicións de retagarda<ref name="wade100"/>— ao comezo da revolución eran moderadas, centradas principalmente na democratización do Exército e a fin dos privilexios dos oficiais e da humillación das tropas.<ref name="uldricks617">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 617</ref> A incapacidade do groso dos mandos para adaptarse á nova situación, o respaldo do Goberno aos oficiais, e a fundada sospeita de que as chamadas a recuperar a disciplina militar e a preparación dunha ofensiva tiñan ademais unha segunda intención contrarrevolucionaria levou ao descrédito do Goberno entre os soldados.<ref name="uldricks617"/> A guarnición de Petrogrado, oposta desde o comezo á continuación da guerra, foi perdendo a súa inicial confianza e apoio cara os dirixentes socialistas moderados ante a falta de reformas.<ref name="uldricks617"/> O errado [[golpe de Kornilov]] a principios do outono acelerou definitivamente o proceso de oposición das tropas ao Goberno de coalición social-liberal e a exixencia de que o soviet tomase o poder.<ref name="uldricks618">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 618</ref>
 
Na fronte, as malas condicións das tropas pola falta de recursos fixo crecer as desercións; na súa maioría "campesiños uniformados". Moitos dos desertores regresaron ás súas aldeas levando con eles o radicalismo que xa crecía nas cidades e que se estendeu deste xeito polas provincias do [[Imperio Ruso|Imperio]].<ref name="pethybridge391"/> Ademais dos axitadores bolxeviques que o partido enviaba ás provincias, os soldados de permiso ou que desertaran actuaban tamén como propagandistas das posicións extremistas en asuntos políticos e sociais, a miúdo con gran efecto nas poboacións do agro ruso.<ref name="pethybridge166">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 166</ref> As desercións eran numerosas xa incluso na primavera: na fronte suroeste calculábanse uns dous mil soldados desertores nos ferrocarrís aos día a mediados de abril.<ref name="pethybridge174">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 174</ref> A chegada dos desertores ás guarnicións da retagarda afectou á moral destas, ademais de influír no campo. No outono, contábanse arredor dos dous millóns deles por todo o país.<ref name="pethybridge174"/>
 
=== As exixencias dos obreiros ===
Ao comezo do período interrevolucionario, as exixencias dos traballadores eran reformistas e buscaban mellorar as condicións de vida<ref name="wade96">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 96</ref> e traballo, a miúdo insalubres e perigosas:<ref name="wade90"/> implantación da [[xornada de oito horas]],<ref name="wade90"/> subidas de salarios,<ref name="wade90">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 90</ref> fin dos abusos da patronal, seguro por enfermidade, descansos para comidas, campamentos para os nenos,<ref name="wade96"/> sanatorios...<ref name="uldricks616">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 616</ref> En xeral, centrábanse en abandonar a miseria, limitar o horario laboral, e mellorar as condicións de vida e de traballo.<ref name="ferro347">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 347</ref> O apoio ao Goberno foi desde o comenzo morno, ao contrario que aos [[soviet]]s, aos que os obreiros dirixían a maioría das súas reivindicacións.<ref name="ferro163">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 163</ref> Entre as peticións políticas, a exixencia dunha inmediata convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] elixida por sufraxio universal –incluíndo—incluíndo o voto feminino–feminino— e segredo era máis habitual que a da implantación do [[socialismo]].<ref name="ferro163"/> O país se consideraba de feito unha república e non se expresaba a volta á monarquía.<ref name="ferro163"/> O derrotismo era aínda minoritario.<ref name="ferro164">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 164</ref>
 
A reacción represora do empresariado radicalizou aos traballadores, a pesar das peticións de moderación do Goberno e do [[Soviet de Petrogrado]].<ref name="uldricks616"/> Os obreiros responderon creando comités nas fábricas<ref name="wade92">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 92</ref> e, en ocasións, tomando o control das mesmas e atacando aos capataces e donos destas.<ref name="uldricks616"/> O número de [[bolxevique]]s e anarquistas, ambos extremistas, elixidos como representantes nos comités, nos soviets e nas xuntas sindicais, foi crecendo co tempo.<ref name="uldricks616"/> Os comités das fábricas se foron convertendo nun poder alternativo ao do Soviet da capital e ao gobernamental.<ref name="uldricks616"/> Moi próximos ás fábricas e talleres onde eran elixidos, eran organismos primordiais para expresar as aspiracións dos traballadores e rexeitados en xeral polos industriais, particularmente polos seus desexos de supervisar o funcionamento das fábricas.<ref name="wade92"/> A finais de maio, nun gran congreso de comités de fábrica con representantes de 300&nbsp;000 obreiros,<ref name="ferro364">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 364</ref> creouse un comité central de maioría bolxevique e avogouse pola creación dunha milicia obreira e o traspaso do poder aos soviets.<ref name="ferro366">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 366</ref>
O intento do Goberno de obter crédito a través de bonos do chamado «crédito pola liberdade» resultou un fracaso<ref name="ferro356"/> e intensificou a división social entre as clases privilexiadas, que o apoiaron, e as baixas, que o rexeitaron.<ref name="wade80"/> A alta burguesía rusa, porén, non subscribiu de forma destacada o empréstito.<ref name="ferro356"/> A axuda financeira Aliada, que se reducira substancialmente en xaneiro, continuou reducíndose, en parte pola percepción dos Gobernos Aliados e os seus representantes no país de que a situación do Exército impediría que este levasen a cabo operacións de ataque relevantes.<ref name="ferro321">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 321</ref>
 
O Goberno carecía dunha política financeira ben perfilada; implantou diversos monopolios e tratou de frear a inflación, controlar os gastos e aumentar os ingresos, á vez que garantía aos investidores estranxeiros os seus préstamos, incluídos os subscritos polo antigo réxime tsarista.<ref name="ferro356">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 356</ref> A finais de xuño, o Goberno aprobou unha lei que gravaba enormemente os beneficios –pero—pero non na capital–capital— obtidos nos últimos anos, aínda que facilitaba á vez evitar os pagos; os industriais e financeiros criticaron duramente a medida.<ref name="ferro359">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 359</ref>
 
== Os gabinetes do período interrevolucionario ==
 
=== O directorio e o quinto gabinete ===
Kerenskii creou un directorio de cinco membros<ref name="wade214">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 214</ref> o {{xulgregdata|14|9|1917|corto=true}}, ao tempo que proclamaba a república.<ref name="basil156">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 156</ref> Carente de figuras políticas de relevancia, no fondo supuxo a creación dun Goberno persoal do Primeiro Ministro, que quedou teoricamente reforzado polo nomeamento de Kerenskii como comandante en xefe do Exército; a autoridade civil e militar do país quedou nas súas mans.<ref name="wade214"/> Consciente da súa debilidade<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref> política,<ref name="wade119"/> buscou recuperar o apoio dos ''[[kadete]]s'' a pesar da hostilidade<ref name="wade214"/> cara estes de gran parte dos dirixentes socialistas tralo [[golpe de Kornilov|intento de Golpe de Estado]] do xeral [[Lavr Kornilov]].<ref name="basil156"/> Este aumentou o respaldo aos bolxeviques,<ref name="mosse417">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 417</ref> que acusaron aos socialistas moderados que controlaran ata entón o [[Soviet de Petrogrado]] de convenza co Goberno e os militares no golpe.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> A debilidade dos socialistas moderados plasmouse na perda<ref name="mosse417"/> da presidencia do Soviet da capital o {{xulgregdata|22|9|1917|corto=true}}, que [[Trotski]] pasou a presidir dezaseis días máis tarde. Os moderados tiveron que continuar coas súas actividades a través do [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]], elixido no Primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas as Rusias]] en xuño e que aínda controlaban.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> Incluso entre os socialistas moderados creceu o rechazo a continuar cos gabinetes de coalición cos liberais.<ref name="wade121">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 121</ref><ref name="wade214"/> Con gran esforzo, porén, Tsereteli e os seus partidarios lograron manter o apoio socialista á coalición na [[Preparlamento|Conferencia Democrática]] a comezos de outubro: as confusas votacións aprobaron a continuación da coalición, pero rexeitaron que esta incluíse ao último partido liberal significativo –o—o [[Partido Democrático Constitucional]] e deron paso ao encargo de Tsereteli de aclarar a situación con Kerenskii.<ref name="wade121"/><ref name="wade214"/>
 
Un novo Consello de Ministros de coalición –con—con dous ministros socialistas–socialistas— acabou formándose o {{xulgregdata|8|10|1917|corto=true}}.<ref name="basil156"/><ref name="wade121"/><ref name="wade214"/> A pesar das votacións contrarias dos socialistas durante a conferencia democrática,<ref name="wade121"/> Tsereteli logrou a aprobación final da nova coalición, incluso despois de non lograr manter a súa promesa aos delegados socialistas de que o novo Goberno respondería ante o [[Preparlamento]] formado pola Conferencia.<ref name="basil156"/> Este último Goberno foi débil,<ref name="wade121"/><ref name="wade214"/> pouco máis que unha camarilla de Kerenskii, carente de verdadeiro apoio de socialistas e liberais,<ref name="basil156"/><ref name="wade214"/> que sumíronse pronto en disputas no Preparlamento.<ref name="basil157">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 157</ref> Os ministros eran figuras de segunda fila da política nacional e, a pesar do reforzamento das correntes esquerdistas no país tralo golpe frustrado, máis conservadores que os sus predecesores.<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref>
 
== A revolución bolxevique e a fin do goberno provisional ==
Para a súa desgraza, pouco logo da súa formación, o Goberno provisional gañouse a antipatía de grandes sectores da poboación e quedou nunha posición debilitada e vulnerable. Unha das causas principais da impopularidade crecente do Goberno foi a súa política agraria, que se gañou a oposición do campesiñado, o que ademais influíu na hostilidade das tropas da capital, de extracción campesiña. O Goberno non logrou estender o seu control máis aló das cidades de provincias e foi incapaz de convencer ou forzar aos campesiños a entregar as súas colleitas para abastecer as cidades, o que levou á falta de recursos das mesmas e á radicalización dos traballadores.<ref name="gill253">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 253</ref> A antiga administración disolveuse en numerosas ocasións e os delegados gobernamentais, os comisarios, carecían en moitos casos de poder real para aplicar as decisións do Consello de Ministros.<ref name="pethybridge212">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 212</ref><ref name="wade56"/> Este houbo de compartir autoridade cos soviets que xurdiron por todo o país, ademais de con outras organizacións. Malia contar coa responsabilidade de goberno e a autoridade teórica, o poder residía a miúdo non no Consello de Ministros, senón nestas organizacións. As coalicións formais entre socialistas e liberais non puxeron fin a esta situación de tensión polo poder entre Goberno e Soviet de Petrogrado, que se repetiu por todo o país.<ref name="wade57">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 57</ref> Os sucesivos gabinetes, case en continua crise, carecían ademais da lexitimidade de ser elixidos, xa que eran o resultado de acordos entre reducidos grupos de dirixentes políticos da capital.
 
Os sucesivos gabinetes, inexpertos na xestión do Estado, mostráronse incapaces de formular políticas claras<ref name="anin446">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 446</ref> e de aplicalas coa celeridade necesaria pola situación de crise.<ref name="gill253"/> Os cinco gabinetes mostraron ademais unha perpetua división<ref name="anin446"/> entre as tendencias presentes no seu seo: a dereita, que desconfiaba da institución do [[Soviet de Petrogrado]], e a esquerda, temerosas das posibles accións do alto mando militar.<ref name="gill253"/> As tensións internas levaban continuamente a compromisos de mínimos para lograr un acordo interno.<ref name="gill254">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 254</ref> O empeño dos socialistas moderados en manter a coalición cos liberais a pesar das diferenzas levou ademais á parálise do Goberno e ao desprestixio dos socialistas.<ref name="wade36">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 36</ref> Os diversos Gobernos non lograron tampouco acabar coa guerra, un dos principais intereses da poboación, esgotada polo conflito.<ref name="wade37">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 37</ref> O programa liberal, constituído fundamentalmente pola promulgación dunha amnistía e da extensión de dereitos e liberdades civís á poboación, cumpriuse practicamente nos dous primeiros meses do período revolucionario, pero os obxectivos máis desexados polas masas (o fin da guerra, a recuperación económica e o repartimento de terras) non foron alcanzados polo Goberno.<ref name="uldricks614">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 614</ref><ref name="pethybridgeIX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. IX</ref> A maioría da poboación non cifraba as súas esperanzas en cambios políticos, senón noutros, sociais e económicos, que os bolxeviques souberon sintetizar nos seus lemas favorables ao control obreiro das fábricas, o repartimento das leiras dos terratenentes e o fin da guerra mundial.<ref name="pethybridgeX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. X</ref> Os liberais entorpeceron en gran medida a súa consecución ao defender a continuación dos combates ata a vitoria, manter os obxectivos de guerra imperialista do antigo réxime, opoñerse á reforma agraria ou rexeitar control obreiro da industria. Lograron ademais pospoñer a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]]. A insistencia gobernamental en pospoñer calquera medida fundamental –a—a reforma agraria, a situación das minorías...–minorías…— ata a reunión da Asemblea Constituínte, e o continuo atraso da súa convocatoria minaron a súa posición.<ref name="wade277">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 277</ref> Estes atrasos permitiron duras críticas da oposición, causaron o temor da poboación a unha contrarrevolución que terminase por impedir a súa reunión, e favoreceron aos partidarios de que os soviets tomasen o poder como salvagarda da Asemblea.
 
Os socialistas moderados, convencidos da natureza burguesas da revolución que acabara coa autocracia tsarista, rexeitaron tomar o poder.<ref name="uldricks614"/> Temían ademais que unha radicalización da revolución levase á alianza das forzas liberais e as reaccionarias que conducise á contrarrevolución, como entendían que sucedera na [[Revolución Rusa de 1905|revolución de 1905]].<ref name="uldricks615">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 615</ref> A moderación da súa posición privounos paulatinamente do apoio das masas, cada vez máis radicais<ref name="uldricks615"/> ante o deterioro da situación económica causado pola guerra e a propia revolución.<ref name="uldricks616">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 616</ref> Opostos unha e outra vez á toma do poder a pesar das crecentes peticións das masas, membros menores da coalición e incapaces de aplicar as reformas exixidas por campesiños, soldados e obreiros, os socialistas moderados acabaron por perder o respaldo inicial e facilitar o auxe dos [[bolxevique]]s, única oposición disposta a defender os obxectivos da poboación.<ref name="uldricks618"/> A esquerda radical viuse favorecida por unha crecente crise económica que xerou descontento e agudizou os problemas políticos e sociais.<ref name="wade186">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 186</ref>
211

edicións