Ringo Starr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 127:
[[Ficheiro:Ringo Starr.jpg|miniatura|Ringo Starr en Nova York no 2005 durante a promoción de ''[[Choose Love]]''.]]
Ringo comezou a nova década ofrecendo concertos en [[Canadá]] e nos [[Estados Unidos]] con varias edicións de [[Ringo Starr & His All-Starr Band|The All-Starr Band]]: entre maio e xuño de 2000, saíu de xira coa sexta edición do grupo, integrada por [[Dave Edmunds]], [[Eric Carmen]], [[Jack Bruce]], [[Simon Kirke]] e [[Mark Rivera]], e un ano despois, cunha nova edición renovada e formada por [[Roger Hodgson]], [[Ian Hunter]], [[Howard Jones (músico inglés)|Howard Jones]], [[Greg Lake]] e [[Sheila E.]] O mesmo ano, colaborou con [[Jeff Lynne]] na gravación de ''[[Zoom (álbum)|Zoom]]'' (2001).
En novembro de 2001, morreu [[George Harrison]] por mor dun [[cancro de pulmón]]. Trala súa morte, comentou: «Botaremos de menos a George polo seu sentido do amor, da música e da risa».<ref>{{cita web |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/1492446.stm |autor=BBC |título=George Harrison dies |data=30 de novembro de 2001 |lingua=inglés |dataacceso=12 de decembro do 2015}}</ref> Un ano despois, Starr participou no ''[[Concert for George]]'', un concerto homenaxe a Harrison celebrado no [[Royal Albert Hall]] no que interpretou «[[Photograph (canción de Ringo Starr)|Photograph]]» e «[[Honey Don't]]». Segundo a web oficial do concerto: «Ringo sorprendeu a todos con bágoas nos ollos cunha interpretación de "Photograph", unha composición que escribiu con George, que parecía resumir como se sentían todos».<ref>{{cita web |url=http://concertforgeorge.com/theevent/ |autor=George Harrison Official Website |título=Concert for George - The Event |lingua=inglés |dataacceso=12 de decembro do 2015}}</ref> O mesmo ano foi admitido no Percusive Hall of Fame.<ref>{{cita web |url=http://www.pas.org/experience/halloffame/StarrRingo.aspx |autor=Percusive Arts Society |título=Ringo Starr |idioma=inglés |dataacceso=12 de decembro do 2015|urlarquivo=http://web.archive.org/web/http://www.pas.org/experience/halloffame/StarrRingo.aspx|dataarquivo=29 de novembro de 2015}}</ref>
 
== Notas ==