Santuario da Nosa Señora do Corpiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "O_corpino_1_jpereira.jpg" que foi borrado en Commons por Jameslwoodward. Motivo: Commons:Deletion requests/Files uploaded by Jpereira - Using [[:c:COM:VFC|Vis
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Romeria_o_corpino_1_jpereira.jpg" que foi borrado en Commons por Jameslwoodward. Motivo: Commons:Deletion requests/Files uploaded by Jpereira - Using [[:c:COM
Liña 14:
As [[peregrinación]]s de crentes sucédense todo o ano, aínda que alcanzan o seu punto álxido na [[romaría]] celebrada entorno o 23-24 de xuño. Estas congregan a centos de romeiros que buscan un remedio para a súas doenzas, particularmente a xente afectadas de doenzas relacionadas co [[máis alá]], como feitizos, [[meigallo]]s, tolemias ou posesións demoníacas, quizais unha forma de denominar enfermidades mentais ou nerviosas pouco coñecidas. O Corpiño é tamén un dos poucos lugares da península onde aínda se practican [[exorcismo]]s para sacar o [[demo]] ou o meigallo fóra do corpo de fieis “posuídos”. Deste xeito [[relixión]] e [[bruxería]] confúndense nun único espazo coma únicos culpables ou remedios daquelas doenzas ás que a [[medicina]] supostamente non foi capaz de dar solución ou explicación.
 
 
[[Ficheiro:Romeria_o_corpino_1_jpereira.jpg|miniatura|dereita|200px|Romeiros baixo a Virxe.]]
 
Durante estas datas do mes de xuño centos de fieis chegan durante a mañá co fin de presentarlle a súas ofrendas a Virxe en forma de [[exvoto]]s de cera, cirios ou mediante cruces ou nomes, que gravan nos paramentos da ermida durante o seu peregrinar o redor do templo, nun intento por deixar un sinal da súa relixiosidade e devoción. Trala [[misa]] da unha, os peregrinos arrexúntanse formando unha fila ao redor do templo, para que a figura da Virxe en [[procesión]] sexa levada por riba das súas cabezas. Nese momento os crentes fregan panos contra os [[Pé (anatomía)|pés]] da Virxe co fin de cargalos dalgún tipo de poder curativo ou [[apotropea|apotropaico]], para levalos á casa e protexer aqueles enfermos que polas súas doenzas non puideron acudir á romaría.