Lingua chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 86:
 
Até mediados do [[século XX]], a meirande parte da poboación do sur da China só falaba a súa lingua local. Por este motivo, durante a época da [[Dinastía Ming]] e da [[Dinastía Qing]], os oficiais tiñan que encargarse da administración do imperio usando unha lingua común baseada nos dialectos do mandarín, coñecida como ''Guānhuà'' (官話, literalmente "lingua dos oficiais").<ref name="Norman (1988)" />
Durante este tempo, esta lingua foi usada como [[lingua koiné|koiné]] e estaba baseada nos dialectos falados na zona de [[Nanjing]], pero non se correspondía cun dialecto único e concreto.<ref name="Coblin (2000)">{{cita libro|apelidos=Coblin|nome=W. South|título="A brief history of Mandarin", ''Journal of the American Oriental Society''|ano=2000|páxinas=537–552}}</ref> Cara a metadometade do [[século XIX]], o dialecto de Pequín convertiuse no dominante e foi esencial para calquera tipo de negocio nos tribunais imperiais.<ref name="Coblin (2000)" />
 
Na [[década de 1930]] adoptouse o [[chinés estándar]] como lingua nacional baixo o nome de ''Guóyǔ'' (国语/國語 "lingua nacional"). Despois de diversas disputas polas propostas das variedades do norte e do sur, finalmente a Comisión Nacional pola Unificación da Lingua impuxo o dialecto de Pequín en 1932. Trala fundación da [[República Popular da China]] en [[1949]], o estándar pasou a ser chamado ''pǔtōnghuà'' (普通话/普通話 "fala común").<ref name="Ramsey (1987)" />