Lingua chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 88:
Durante este tempo, esta lingua foi usada como [[lingua koiné|koiné]] e estaba baseada nos dialectos falados na zona de [[Nanjing]], pero non se correspondía cun dialecto único e concreto.<ref name="Coblin (2000)">{{cita libro|apelidos=Coblin|nome=W. South|título="A brief history of Mandarin", ''Journal of the American Oriental Society''|ano=2000|páxinas=537–552}}</ref> Cara a metado do [[século XIX]], o dialecto de Pequín convertiuse no dominante e foi esencial para calquera tipo de negocio nos tribunais imperiais.<ref name="Coblin (2000)" />
 
Na [[década de 1930]] adoptouse o [[chinés estándar]] como lingua nacional baixo o nome de ''Guóyǔ'' (国语/國語 "lingua nacional"). Despois de diversas disputas polas propostas das variedades do norte e do sur, finalmente a Comisión Nacional pola Unificación da Lingua impuxo o dialecto de Pequín en 1932. Trala fundación da [[República Popular da China]] en [[1949]], o estándar pasou a ser chamado ''pǔtōnghuà'' (普通话/普通話 "fala común").<ref name="Ramsey (1987)" />
A lingua nacional é hoxe en día usada na educación, os medios de comunicación e nas situacións formais tanto na China como en Taiwán.<ref name="Norman (1988)" />
En [[Hong Kong]] e [[Macau]], por mor da súa historia lingüística e colonial, a lingua da educación, os medios, as situacións formais e a vida diaria segue a ser o [[lingua cantonesa|cantonés]], aínda que a lingua estándar é moi influente e ensínase nas escolas.<ref name="Zhang e Yang (2004)" />