Herat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Usbequistán -> Uzbequistán; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 31:
'''Herat''' é unha cidade de [[Afganistán]] duns 308.203 habitantes (2012), situada no [[oeste]] do país, no val do [[río Hari]]. Capital da provincia homónima, está nunha zona fértil coñecida dende hai séculos polo viño. A poboación é principalmente de etnia farsi, pastún, hazara ou uzbeca, de relixión [[islam|musulmá]] e lingua [[lingua iraniana|persa]].
== Historia ==
A historia da cidade remóntase a máis de 2500 anos. Nos tempos do [[imperio persa|imperio aqueménida]] era coñecida como ''Aria''. [[Heródoto]] chamouna o graneiro de [[Asia Central]]. No [[-330|330 a.C]] foi conquistada por [[Alexandre Magno]] ó seu paso polo leste das terras persas. Despois diso reconstruíuna engadindo a cidadela. Pasou polas mans do [[Imperio Seléucida|imperio seléucida]], do [[imperio parto]], do [[imperio sasánida]], sufríu os ataques do [[hunos]], convertíuse ó [[islam]] no século VII, e pasou ó [[califato Abbasí]]. Despois de ser capturada polos [[imperio mongol|mongoles]] en [[1221]], foi destruidadestruída por [[Xenxis Khan]]. Foi novamente destruidadestruída por [[Tamerlán]] en [[1381]]. No século XIX estivo no centro dos conflictos entre os [[Imperio Británico|británicos]] e os [[Imperio Ruso|rusos]]. O bombardeo [[URSS|soviético]] de [[1979]] destruiudestruíu a cidade. En [[1995]] foi capturada polos [[talibán]]s, caendo despois nas mans da [[Alianza do Norte]].
 
Na actualidade acolle ás forzas pacificadoras da [[OTAN]], cun destacamento do exército español.