Célula de Purkinje: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 7:
[[Ficheiro:Cerebellum - biel - very high mag.jpg|miniatura|esquerda|Células de Purkinje con [[tinguidura de Bielschowsky]].]]
As células de Purkinje están entre as neuronas máis grandes do [[encéfalo]] humano (as [[célula de Betz|células de Betz]] son as máis longas),<ref name="Purves" >{{cita libro | autor = Purves, Dale, George J. Augustine, David Fitzpatrick, William C. Hall, Anthony-Samuel LaMantia, James O. McNamara, and Leonard E. White | título = Neuroscience. 4th ed. | editor = Sinauer Associates | páxinas = 432–4 | ano = 2008 | isbn = 978-0-87893-697-7}}</ref> e caracterízanse por ter unha intricada árbore [[dendrita|dendrítica]] cun gran número de espiñas dendríticas. As células de Purkinje atópanse na capa de Purkinje do córtex do [[cerebelo]], que é a capa intermedia do córtex dese órgano, situada entre as capas granular (a máis profunda) e a molecular (a máis superficial). As células de Purkinje están alineadas como fichas de dominó amoreadas unhas en fronte doutras. Da parte superior do soma parten unha ou dúas grosas dendritas que axiña se ramifican enormemente con numerosas espiñas dendríticas, formando unha gran arborización dendrítica con forma de abano e orientada nun só plano, perpendicular ao eixe da circunvolución cerebelosa, e o seu axón penetra na substancia branca do cerebelo situada debaixo do córtex cerebeloso. Considéranse neuronas tipo I de Golgi. As súas grandes árbores dendríticas case forman unha capa a través da cal pasan as [[fibra paralela|fibras paralelas]] procedentes das capas máis profundas. Estas fibras paralelas establecen sinapses [[glutamatérxico|glutamatérxicas]] excitatorias relativamente febles coas espiñas dendríticas das células de Purkinje, mentres que as chamadas [[fibra gaveadora|fibras
As células de Purkinje envían proxeccións inhibitorias aos núcleos cerebelares profundos, as cales constitúen as únicas saídas de toda a [[coordinación motora]] no córtex cerebelar.
|