Célula de Purkinje: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
[[Ficheiro:Cerebellum - biel - very high mag.jpg|miniatura|esquerda|Células de Purkinje con [[tinguidura de Bielschowsky]].]]
 
As células de Purkinje están entre as neuronas máis grandes do [[encéfalo]] humano (as [[célula de Betz|células de Betz]] son as máis longas),<ref name="Purves" >{{cita libro | autor = Purves, Dale, George J. Augustine, David Fitzpatrick, William C. Hall, Anthony-Samuel LaMantia, James O. McNamara, and Leonard E. White | título = Neuroscience. 4th ed. | editor = Sinauer Associates | páxinas = 432–4 | ano = 2008 | isbn = 978-0-87893-697-7}}</ref> e caracterízanse por ter unha intrincadaintricada árbore [[dendrita|dendrítica]] cun grande número de espiñas dendríticas. As células de Purkinje atópanse na capa de Purkinje do córtex do [[cerebelo]], que é a capa intermedia do córtex dese órgano, situada entre as capas granular (a máis profunda) e a molecular (a máis superficial). As células de Purkinje están alineadas como fichas de dominó amoreadas unhas en fronte doutras. Da parte superior do soma parten unha ou dúas grosas dendritas que axiña se ramifican enormemente con numerosas espiñas dendríticas, formando unha gran arborización dendrítica con forma de abano e orientada nun só plano, perpendicular ao eixe da circunvolución cerebelosa, e o seu axón penetra na substancia branca do cerebelo situada debaixo do córtex cerebeloso. Considéranse neuronas tipo I de Golgi. As súas grandes árbores dendríticas case forman unha capa a través da cal pasan as [[fibra paralela|fibras paralelas]] procedentes das capas máis profundas. Estas fibras paralelas establecen sinapses [[glutamatérxico|glutamatérxicas]] excitatorias relativamente febles coas espiñas dendríticas das células de Purkinje, mentres que as chamadas [[fibra gaveadora|fibras gaveadoras]] (''climbing fibers'') procedentes do [[núcleo olivar inferior]] do [[bulbo raquídeo]] establecen sinapses excitatorias potentes coas dendritas proximais e o [[soma]] celular. As fibras paralelas pasan perpendicularmente a través da árbore dendrítica da célula de Purkinje, en número de ata 200.000<ref>{{Cita publicación periódica|last=Tyrrell|first=T|coauthors=Willshaw, D|title=Cerebellar cortex: its simulation and the relevance of Marr's theory.|journal=Philosophical transactions of the Royal Society of London. Series B, Biological sciences|date=1992-05-29|volume=336|issue=1277|pages=239–57|pmid=1353267|doi=10.1098/rstb.1992.0059}}</ref>, formando unha [[sinapse célula granular-célula de Purkinje]] con cada célula de Purkinje. Cada célula de Purkinje recibe unhas 500 sinapses de cada unha destas fibras.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Wadiche|first=JI|coauthors=Jahr, CE|title=Multivesicular release at climbing fiber-Purkinje cell synapses|journal=Neuron|date=2001-10-25|volume=32|issue=2|pages=301–13|pmid=11683999|doi=10.1016/S0896-6273(01)00488-3}}</ref> Tanto as células cesta coma es células estreladas (que se atopan na capa molecular do cerebelo) establecen sinapses inhibitorias (GABAérxicas) coas células de Purkinje; as células cesta fan sinapse no segmento inicial do [[axón]] da célula de Purkinje, e as células estreladas fano nas [[dendrita]]s.
 
As células de Purkinje envían proxeccións inhibitorias aos núcleos cerebelares profundos, as cales constitúen as únicas saídas de toda a [[coordinación motora]] no córtex cerebelar.