Vitela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
O nome "vitela", segundo o [[Portal das Palabras]]<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=vitelo&sinom=0&homonimo= Entrada vitelo no Portal das palabras da [[RAG]].]</ref> refírese a unha cría de até os dous anos e á súa carne (vitela ou tenreira). O termo becerro refírese á cría de máis ou menos dous anos, e cuxo e pucho de menos de dous anos, e xato mentres lle duran os [[dentes de leite]]. Xovenco, almallo ou novelo é cando xa ten tres anos.
 
==Beneficios nutricionais ==
Adóitase considerar ás veces como [[carne vermella]] por mor da súa cor encarnada.
Tendo en conta que a vitela está clasificada como unha carne branca pola súa cor rosada, e que salienta por ser especialmente carne magra, non hai dúbida que aporta unha gran variedade de beneficios nutricionais no seu consumo.
Por exemplo, 100 gramos de carne de tenreira aportan 21 gramos de proteínas, ademais de aportar minerais tales como potasio, ferro, calcio, magnesio e cinc.
Ten un baixo contido en graxas, e convértese nun alimento facilmente dixeríbel, grazas en especial ao seu alto contido en auga e por ter unha carne xeralmente tenra (de aí o seu nome).
 
Valores nutricionais da vitela:
100 gramos de vitela aportan:
* 108 calorías.
* Proteínas: 20,8 g.
* Auga: 77 g.
* Graxas: 2,8 g.
* Colesterol: 70 mg.
 
== Tipos de carne ==