Da terra asoballada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 28:
Formalmente a obra caracterízase pola asimilación da tradición poética do Rexurdimento e a versatilidade<ref name=":0">{{Cita libro|título = Lingua e literatura, 2 Bacharelato|apelidos = González Avión|nome = Isabel|editorial = Baía Edicións|ano = 2013|ISBN = 978-84-9995-054-9|apelidos2 = Insua López|apelidos3 = Rocamonde|nome2 = Emilio Xosé|nome3 = Ramón}}</ref> métrica e rítmica, con versos alexandrinos e achados métricos e estilísticos do [[modernismo]] (na acepción hispanoamericana do termo), influencia discutida por algún especialista<ref>{{Cita libro|título = De Pondal a Novoneyra|apelidos = Méndez Ferrín|nome = Xosé Luís|editorial = Xerais|ano = 1990|ISBN = 84-7507-460-X|edición = 2ª|páxinas = 31-34|cita = O que contemple a literatura galega desde os esquemas histórico-literarios da española, ó chegar á xeración de que tratamos coidará necesaria a aparición do "modernismo".
Cómpre, non obstante, afincar ben que na literatura galega non hai modernismo: esa pranta latinoamericana non arraíza na nación galega. Outro cantar sería o do influxo modernista na poesía galega: este si existe, é apalpable, pero aparece canda outras inducións paralelas ao modernismo (...): prerrafaelismo, saudosismo, simbolismo.
Os modernistas de Galicia escriben en castelán, agás algunha ocasional escapada ao galego de ANTONIO REY SOTO (...) Sobre o debatido "modernismo" de CABANILLAS cómpre decir que o arrecadamento, desde o inicio da súa obra, de tics estilísticos de raizame modernista non pasa dun circunstanciado culto á moda (...) CABANILLAS non tiña por que beber no modernismo... o seu coñecemento das escolas idealistas de Europa.}}</ref>. O tema xeral da obra é o compromiso agrarísta e patriótico. Proclama a hostilidade ao [[caciquismo]] e aos restos feudais na sociedade rural galega, abalando entre as circias consignas e a actitude didáctica, sempre baixo a ética do chamamento á nación.
Os modernistas de Galicia escriben en castelán, agás algunha ocasional escapada ao galego de ANTONIO REY SOTO (...)
Sobre o debatido "modernismo" de CABANILLAS cómpre decir que o arrecadamento, desde o inicio da súa obra, de tics estilísticos de raizame modernista non pasa dun circunstanciado culto á moda (...) CABANILLAS non tiña por que beber no modernismo... o seu coñecemento das escolas idealistas de Europa.}}</ref>. O tema xeral da obra é o compromiso agrarísta e patriótico. Proclama a hostilidade ao [[caciquismo]] e aos restos feudais na sociedade rural galega, abalando entre as circias consignas e a actitude didáctica, sempre baixo a ética do chamamento á nación.
 
En '''''Da terra asoballada''''' Cabanillas traslada ao formato lírico os sinais historicistas que se constituirán, desde [[Manuel Murguía|Murguía]] ata o grupo [[Grupo Nós|Nós]], en alicerce do imaxinario do [[Galeguismo (política)|galeguismo]]: [[celtismo]], [[lusitanismo]], resistencia do Reino medieval fronte á asimilación por parte de Castela. É Cabanillas cando escribe esta obra, coma os seus futuros compañeiros da xeración Nós, un poeta para o que a idea de redención, o catolicismo rural e a identidade galega conforman unha rede significativa que fundamenta a rebelión presente e futura; a oposición labrego/fidalgo dos primeiros textos agraristas transfórmase agora<ref name=":0" /> en dialéctica entre Galicia (suxeito colectivo natural/ aldea traballadora) e a opresora Castela/ España (administración artificial/ vila burocrática<ref name=":1" />).