Zubin Mehta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 21:
 
== Traxectoria ==
Zubin Mehta naceu o [[29 de abril]] de [[1937]] en [[Mumbai]] no seo dunha familia [[parsi]], descendente dos [[zoroastro]]s que saíran de [[Persia]] no [[século XVII]] fuxindo do [[islam]].<ref name="Mat">Matheopoulos, p. 250</ref> Mehta era fillo de Tehmina Mehta e do [[violín|violinista]] e [[director de orquestra]] indio [[Mehli Mehta]], que en [[1935]] fundou a [[Bombay Symphony Orchestra]] e que fora director musical da [[American Youth Symphony]] en [[Los Angeles]], [[California]] ([[Estados Unidos]]).<ref>{{Cita libro |chapter=Mehli Mehta |title= Baker's Biographical Dictionary of Musicians |location=New York City |publisher=Schirmer Books |year=2001 |accessdate=4 de outubro de 2014 |url=http://ic.galegroup.com/ic/bic1/ReferenceDetailsPage/ReferenceDetailsWindow?displayGroupName=Reference&disableHighlighting=false&prodId=BIC2&action=e&windowstate=normal&catId=&documentId=GALE%7CK2420007898&mode=view&userGroupName=fairfax_main&jsid=75e026c1ab3c837a9f12faea9e700571 |id=Gale Document Number: <nowiki>GALE|K2420007898</nowiki>GALEK2420007898}}</ref><ref name="IPO">{{Cita web |url=http://www.ipo.co.il/eng/About/MusicalAdmin/.aspx |título=Music director |editor=[[Israel Philharmonic Orchestra]] |dataacceso=4 de outubro de 2014 |lingua=inglés}}</ref> A relación da súa familia coa música académica occidental fixo posible que Mehta, a pesar de que a música occidental fora unha rareza na [[India]], medrara escoitándoa constantemente, ben nos ensaios da orquestra ou nos do grupo de cámara que tiña seu pai e que adoitaban ensaiar no salón da súa casa.<ref name="Mat"/> Foi precisamente de seu pai de quen recibiu as súas primeiras ensinanzas musicais, recibindo clases de [[piano]] e [[violín]], ao mesmo tempo que estudaba nas ecolas [[xesuítas]] de [[St. Mary's School, Bombai|St. Mary's School]] e [[St. Xavier's College, Bombai|St. Xavier's College]].<ref name="BV"/><ref>{{Cita web |url=http://www.mid-day.com/articles/the-incubator-of-excellence/15091077 |título=The incubator of excellence |editor=mid-day.com |data=13 de febreiro de 2014 |dataacceso=4 de outubro de 2014 |lingua=inglés}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.xaviers.edu/stxaviersalumni/Alumni.pdf |título=Xavier's Alumni/ae of Distinction |páxina=8 |editor=St. Xavier's College |dataacceso=4 de outubro de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
 
== Notas ==