Ernest Rutherford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m sen referencias
m arranxiños
Liña 37:
Rutherford destacou moi pronto pola súa curiosidade e a súa capacidade para a [[aritmética]]. Os seus pais e o seu mestre animárono moito, e resultou ser un alumno brillante, o que lle permitiu entrar no ''Nelson College'', no que estivo tres anos. Tamén tiña grandes calidades para o [[rugby]], o que lle valía ser moi popular na súa escola. O último ano, terminou en primeiro lugar en todas as materias, grazas ao cal entrou na Universidade, no ''Canterbury College'', no que seguiu practicando o rugby e no que participou nos clubs científicos e de reflexión.
 
Por esa época empezou a manifestarse o xenio de Rutherford para a experimentación: as súas primeiras investigacións demostraron que o ferro podía magnetizarse por medio de altas frecuencias, o que de seu era un descubrimento. Os seus excelentes resultados académicos permitíronlle proseguir os seus estudos e as súas investigacións durante cinco anos en total nesa Universidade. De feito, conseguira a única becabolsa de [[Nova Zelandia]] para estudar [[matemáticas]], e sobreviviu o último ano como mestre. Obtivo dese modo o título de "''Master of Arts''" cunha dobre primeira clase en matemáticas e física. En [[1894]] obtivo o título de "''Bachelor of Science''", que lle permitiu proseguir os seus estudos en [[Gran Bretaña]], nos [[Laboratorios Cavendish]] de [[Cambridge]], baixo a dirección do descubridor do [[electrón]], [[Joseph John Thomson|J.J. Thomson]], a partir de [[1895]]. Foi o primeiro estudante de ultramar que alcanzou esta posibilidade. Antes de saír de Nova Zelandia, prometeuse con Mary Newton, unha moza de [[Christchurch]].
 
=== Cambridge, 1895-1898 ===
Liña 69:
En [[1908]], xunto a un dos seus estudantes, [[Thomas Royds]], demostra de modo definitivo o que se supoñía, é dicir, que as partículas alfa son núcleos de [[helio]]. En realidade, o que proban é que unha vez desembarazadas da súa carga, as partículas alfa son átomos de helio. Para demostralo, illou a sustancia radioactiva nun material delgado abondo como para que as partículas alfa atravesáseno efectivamente, pero para iso bloquea calquera tipo de "emanación" de elementos radioactivos, é dicir, calquera produto da desintegración. Recolle a continuación o gas que se acha ao redor da caixa que contén as mostras, e analiza o seu espectro. Atopa entón gran cantidade de helio: os núcleos que constitúen as partículas alfa recuperaron electróns dispoñibles.
 
Ese mesmo ano gaña o [[Premio Nobel de Química]] polos seus traballos de [[1902]]. Sufrirá con todo un pequeno desgusto, pois el considérase fundamentalmente un físico. Unha das súas citas máis famosas é que "a ciencia, ou é Física, ou é filatelia", co que sen dúbida situaba a física por encima de todas lasas demais ciencias.
 
[[Ficheiro:Rutherford gold foil experiment results.svg|miniatura|dereita|''Arriba'', resultados previstos ao atravesaren as partículas alfa un átomo segundo o modelo atómico vixente. ''Abaixo'', os resultados reais, que suxeriron a existencia dun núcleo que, polo súa grande masa, desviase as partículas.]]