Isoforma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
En [[bioloxía molecular]] denomínase '''isoforma''' ou '''isoforma proteica''' ás distintas formas dunha mesma [[proteína]], que difiren na secuencia de aminoácidos pero presentan grande homoloxía, e que se orixinan das seguintes maneiras:
* A partir de dous xenes distintos pero moi relacionados, orixinados por duplicación, que diverxiron algo. Os xenes teñen que estar moi relacionados, xa que o concepto de "mesma proteína" non ten senso para [[parálogo]]s que diverxiron moito e que se orixinaron a partir dun só xene ancestral que se duplicou hai miles demoitos millóns de anos e despois diverxiu moito en secuencia, estrutura e funcionalidade.<ref name=Mesh>NCBI resources [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/mesh/68020033 MeSH]</ref>
* A partir do mesmo xene por [[splicing alternativo]]. A distinta maduración do ARNm durante o [[splicing]] dá lugar a proteínas procedentes do mesmo xene que difiren nalgunhas seccións, que faltan nalgunha das isoformas, porque se eliminaron os [[exón]]s correspondentes a esas seccións durante a maduración do ARNm.<ref name=Mesh/>
* A partir do mesmo xene polo uso de distintos [[promotor (xenética)|promotores]] durante a [[transcrición xenética|transcrición]], que fan que se orixinen ARNm nos que non se transcribiron certos exóns. Como os promotores son específicos de tecido, en distintos tecidos vanse expresar distintas isoformas desas proteínas. Neste caso, a diferenza do splicing alternativo no que a diferenza se produce despois da transcrición, aquí prodúcese durante a transcrición.<ref>[http://ghr.nlm.nih.gov/glossary=isoforms Definicións de isoformas. GeneReviews]</ref>