Foro (contrato): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m arranxiño de formato
Liña 2:
O '''foro''' é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución —fidalguía e Igrexa— lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas.
 
==Características==
Trátase dunha fórmula de cesión de bens, normalmente de natureza agraria, que presenta grandes analoxías co censo enfitéutico, pola que un titular da riqueza (o concedente ou forista) lle cedía a outro (o concesionario ou foreiro) uns bens determinados, a cambio do pago dun canon ou renda, ademais doutras obrigas, que mudaron co paso do tempo. A súa figura xurídica supoñía a existencia dunha pluralidade de dominios, na que o forista retiña para si o dominio directo, mentres que o foreiro recibía o dominio útil da riqueza aforada. A duración destes contratos agrarios, dende o principio moi longa, fixouse por vidas de 3 voces (vidas de foreiros) ou de 3 reis e 29 anos máis. Pero, a diferenza da enfiteuse, o foro non era unha cesión perpetua e, polo tanto, non se podía redimir. Os bens aforados debían retornar, co seu correspondente dominio, ó titular do directo que, en todo caso, debía pagar as melloras ou perfeitos que o dominio útil ou foreiro fixera.