Chantada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 132:
No concello hai varios monumentos declarados [[Ben de Interese Cultural]]: A [[igrexa de Santa María de Pesqueiras]] (RI-51-0001222) foi recoñecida como tal o 6 de outubro de 1950. A [[Torre de Pacio]] (RI-51-0008892), a [[Torre de Arcos]] (RI-51-0008893), a [[Torre de Vilar de Eiriz]] (RI-51-0008894), a [[Fortaleza de Pereira]] (RI-51-0008895) e a [[Torre de Vilaúxe]] (RI-51-0008896) recibiron esta declaración o 17 de outubro de 1994.
 
As sepulturas antropomorfas de Fornas están na parroquia de San Cristovo de Fornas, na parte superior dunha gran peneda. Teñen 2 m de longo e entre 1 e 0,6 de ancho. Arredor das sepulturas hai un bordecanto labrado, actualmente moi desgastado, para colocar unha tapa. Xa aparecen mencionadas no documento de fundación da capela de Santa Xertrude, de 1607, construída onde está a actual igrexa parroquial de Fornas.
 
O castro de Centulle está na parroquia de San Xurxo de Asma, e atópase en mal estado de conservación. Nel construíuse o santuario da Nosa Señora de Fátima, e o territorio anexo está destinado a uso agrícola. Pénsase que tiña unha configuración do modelo espiral, con dous corpos posuíndo tramos de tres. No recinto atopáronse restos de vaixela e de muíños de man. Diversas hipóteses defenden que aquí estaba a fortaleza dos Circa, arrasada polos [[normandos]] e máis tarde pertencente á [[casa de Altamira]].