Herenio Modestino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Herenio Modestino''' ([[lingua latina|latín]]: '''''Elius Florianus Herennius Modestinus''''') foi un [[xurista]] posclásico do [[século III]] e discípulo de [[Ulpiano]] xunto con [[Paulo (xurista)|Paulo]].
== Traxectoria ==
Desempeñou altos cargos na administración de [[Roma]] e entre os anos [[226]] e [[244]] foi ''[[praefectus vigilum]]'' en Roma e desenvolveu a súa actividade como xurista en parte xa en tempo de [[Maximiano]], de [[Gordiano III]], e poida que ata de [[Filipo o Árabe]]. Os xuristas desta época aínda que non pertenceron a ningunha escola, eran chamados tardoclásicos ou severianos por vivir en época destes emperadores. Modestino adoita ser considerado como o último xurista clásico; debeu ser o último que tivo o ''ius respondedi ex autoritas principis''.
 
Liña 6:
 
No [[450]], [[Teodosio II]] e [[Valentiniano III]] promulgaron a [[Terceira Lei de Citas]] na que se di que nos tribunais só se poden alegar a cinco autores: [[Papiniano]], [[Paulo (xurista)|Paulo]], [[Ulpiano]], Modestino e [[Gaio (xurista)|Gaio]]. Pero estas alegacións débense facer dun modo determinado:
* Pódese alegar a opinión da maioría.
* En caso de igual número de alegacións, prevalece a opinión de Papiniano.
* En caso de empate sen nomear a Papiniano, o xuíz decide que opinión prefire.
Posteriormente dise que non só poden alegar estes cinco autores, senón tamén todos os que estes cinco aleguen nas súas obras, sempre que se exhiba un orixinal da obra do autor alegado.
Entre as súas obras podemos destacar:
Liña 46:
 
Modestino destaca por preocuparse polos militares, polas mulleres e pola tutela. Esta última preocupación obsérvase nas ''Constitutiones'' de Filipo relacionadas coas obras de Modestino. Por exemplo, as relacionadas coa tutela, as relacionadas cos fideicomisos, coas manumisións, coas penas, e con respostas concretas nas súas obras casuísticas ou coas preocupacións teóricas das súas obras teóricas.
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Palingenesia iuris civilis, Volume I Otto Lenel.
* Geschichte Der Römischen Rechtswissenschaft, Fritz Schulz.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xuristas da Roma Antiga]]