Lucio Cornelio Sila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Categoría:Cónsules romanos
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Lucio Cornelio Sila''', c. [[-138|138]] a. C – [[-78|78]] a. C., foi un político e xeneral romano, membro dunha antiga familia patricia [[Roma antiga|romana]] de modesta fortuna.
 
== Traxectoria ==
Recibiu unha boa educación e era un apaixonado da [[literatura]] e das [[arte]]s. Sila derrochou os seus primeiros anos nunha vida de pracer, pero comezou a súa carreira [[política]] tras herdar unha fortuna de grande envergadura de parte da súa madrasta.
 
Liña 8:
Loitou co exército de [[Mario]] na guerra contra [[Iugurta]], no 107, e grazas as súas habilidades diplomáticas conseguiu que [[Bocco]] lle entregase a [[Iugurta]]. Sila permaneceu ao mando de [[Mario]] durante a guerra entre os [[cimbrios]] e os [[teutóns]] ata o 102 a.C. Daquela abandonou a [[Mario]] para servir co [[Quinto Cátulo]], conseguiu a vitoria de [[Campi Raudii]] en el 101 a.C. Sila fracasou en ser elixido pretor para o 98 pero grazas a unha serie de cuantiosos sobornos foi elixido no 99 a.C.
 
Sila iniciou a súa carreira (107 a.C) servindo como cuestor durante a guerra contra o rei de [[Numidia]], [[Iugurta]], baixo as ordes de [[Caio Mario]]. O rei númida levaba anos hostigando os romanos con gran éxito, e a pesar do avance logrado por [[Mario]], o duro conflito prolongábase. Sila foi enviado en calidade de embaixador a parlamentar co sogro do esquivo monarca númida, o tamén rei [[Bocco]] de Mauritania, co cal trabou amizade e logrou convencer para que traizoase a [[Iugurta]], apresándoo para os romanos (105 a.C). O evento proporcionou a Sila un gran prestixio militar e unha considerable popularidade tanto co cónsul coma cos soldados, atribuíndoselle a fin da guerra. [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] afirma que esta circunstancia foi o comezo da frición ente [[Mario]] e Sila, posto que aquel se volveu envexoso do éxito do seu subordinado e este non facía senón botar leña ao lume cunha actitude fanfarrona que atopou eco entre algunhas persoas, inimigos políticos de [[Mario]].
 
[[Ficheiro:The defeat of the Cimbri.jpg|dereita|miniatura|260px|A derrota dos cimbrios, por [[Alexandre-Gabriel Décamps]] ([[Museo do Louvre]]).]]
Liña 18:
Despois de moitas loitas, de modificar as leis do Senado, de acuñar moeda co seu nome e de crear moitos aliados e inimigos retirouse da política; influíu na súa decisión unha profecía que escoitara había xa moito tempo atrás en [[Cilicia]], segundo a cal morrería no cumio do poder. Viviu unha vida tranquila, aínda que extravagante, dedicada ao estudo e ao pracer, en [[Campania]], escribindo as súas memorias en vinte e dous libros que foron editados por [[Lúculo]]. No 78 casou de novo e morreu.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Quién es quién en la Antigua Roma''. John Hazel . Edicións archivos acento, 2002.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Cónsules romanos]]