Amiano Marcelino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Amiano Marcelino''' ([[latín]] ''Ammianus Marcellinus''), nado en [[Antioquía]] ca. [[330]]/[[335]] e finado en [[Roma]] ca. [[400]], é o principal [[historiador]] [[Roma antiga|romano]]. Viviu e relatou o proceso de decadencia e descomposición do [[Imperio Romano]] durante o [[século IV]].
 
== Traxectoria ==
Crese que naceu entre o [[330]] e o [[335]], nunha adiñeirada familia de ascendencia [[Grecia|grega]] asentada en [[Antioquía]]. Definíase a si mesmo como "un soldado e un grego", pois estaba orgulloso da súa orixe e do seu paso polo exército nos aristocráticos ''Protectores Domestici''. Como tal, estivo baixo o mando de [[Ursicino]] na fortaleza de [[Nisibis]], xunto á fronteira [[Persia|persa]], desde o ano [[353]]. No ano [[355]] acompañou a Ursicino a unha breve campaña na [[Galia]] contra o [[francos|franco]] [[Silvano]], que se autoproclamara emperador. Esta campaña durou ata o ano seguinte, momento en que volveu á fronteira oriental. Alí escapou no último momento da fortaleza de ''Amida'' ([[Diyarbakr]]) xunto á súa esposa cando a praza foi tomada polas forzas de [[Shapur II]]. Amiano perdeu o favor do emperador [[Constancio II]] cando o seu superior Ursicino caeu en desgraza, pero recuperou o seu antigo prestixio e posición trala morte de Constancio e o acceso ao trono de [[Xuliano|Xuliano o Apóstata]].
 
Liña 12:
Ignórase a data exacta da súa morte. O último ano no que se pode presupoñer que seguía vivo é [[391]], pois cita a [[Sexto Aurelio Víctor]] como [[prefecto]] de Roma, que accedeu entón ao cargo.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://odur.let.rug.nl/~drijvers/ammianus/index.htm Páxinas sobre Amiano Marcelino] na Universidade de Groninga {{en}}
* [http://www.thelatinlibrary.com/ammianus.html Obras de Amiano Marcelino] {{la}}
* [http://www.perseus.tufts.edu/ Perseus Digital Library], [[Perseus Project]] {{en}}
* [http://www.annee-philologique.com/aph/ L´Année Philologique], a enciclopedia bibliográfica do mundo clásico que recolle todo o publicado cada ano {{en}}
* [http://www.stoa.org/sol Suidas], a enciclopedia bizantina do século XI {{en}}
* [http://www.gmu.edu/departments/fld/CLASSICS/ammianus.html Obra de Ammiano Marcelino] {{la}}
 
{{ORDENAR:Marcelino, Amiano}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua latina]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]