Malemo Caná: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: ORDENAR:Cana, Malemo
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Malemo Caná''', que viviría entre os [[século XV|séculos XV]] e [[século XVI|XVI]], é o nome dun suposto navegante [[musulmán]] que axudou a [[Vasco da Gama]] a chegar á [[India]], partindo desde [[Melinde]], cidade hoxe sita en [[Quenia]]. É o nome utilizado na crónica de [[João de Barros]], ''Décadas da Ásia'' (1552-1613); outra variante de lectura é '''Melemo Cana'''; en [[Damião de Góis]] e [[Fernão Lopes de Castanheda]] figura como ''Canaqua''.
 
== Traxectoria ==
=== O relato de João de Barros ===
Logo de entrar no Océano Índico, Vasco da Gama chegou á [[illa de Mozambique]]. O xeque desta illa promételle un piloto que o guíe para a India, e cúmpreo. O piloto leva a frota portuguesa ata [[Mombasa]], e foxe, mentres que os musulmáns que gobernaban na cidade téndenlle unha emboscada a Da Gama, da que logra liscar. De aí consegue arribar a [[Melinde]]. O rei de Melinde recíbeo de bo talante e promételle un piloto experto que o conduza á India; este piloto é Malemo Caná. Barros narra así o encontro de Vasco da Gama e Malemo Caná en Melinde:
 
Liña 9:
Caná acompañou e guiou a frota portuguesa ata [[Calcuta]], a actual [[Kozhikode]], na costa de [[Malabar]], na India, e axudou nas primeiras negociacións de Vasco da Gama coas autoridades desa cidade.
 
== Interpretación ==
Resulta indubidábel que Vasco da Gama buscaba un piloto para navegar no Índico, cousa que non era doada. Así como non era fácil navegar no [[Océano Atlántico|Atlántico]], onde os portugueses aprenderon logo de décadas de experimentación e acopio de datos (por exemplo, os [[alisio (vento)|ventos alisios]] obrigaban a internarse no medio do océano, para logo virar a favor dos contralisios no [[hemisferio sur]], e poder chegar logo ata a costa africana), o novo mar era así mesmo unha incógnita para os navegadores portugueses que por vez primeira se internaban nel, despois de dobrar o [[cabo de Boa Esperanza]]. De aí a busca ansiosa de Da Gama para conseguir un piloto, sabendo ben que os musulmáns dominaban o Índico. A información sobre parte destes asuntos obraba en poder da Casa real portuguesa remitida por [[Pero da Covilhã]], explorador que estivera na mesma India, chegando por outros camiños.
 
Malemo Caná, segundo certos investigadores, é identificado co explorador árabe [[Ahmed ibn Majid]], o que non é doado de probar. Esta identificación faise a partir de fontes árabes nas que se di que a Ibn Majid o emborracharan os portugueses. A historia é coñecida en Occidente de tempo atrás, e crese no seu momento que non é máis ca unha fantasía pola que os musulmáns explicaban o éxito portugués, sendo conscientes da importancia que a fazaña de Vasco da Gama tiña para os seus intereses.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Bibliografía ==
* Kramers, J.H., Geografía y Comercio, in Arnold, Thomas e Guillaume, Alfred (eds.), ''El legado del Islam'', Madrid. Ediciones Pegaso. 1944.
* Tarracha Ferreira, Maria Emma, Introdução à ''Literatura dos Descobrimentos Portugueses''. Editora Ulisseia. s.l.. D.L. 1993
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Vasco da Gama]]
* [[Ahmed Ibn Majid]]
* [[India portuguesa]]
 
{{ORDENAR:Cana, Malemo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Exploradores]]