Prometeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Prometeo foi un gran benefeitor da humanidade. Urdiu un primeiro engano contra Zeus ó facer o sacrificio dun gran boi que dividiu a continuación en dúas partes: nunha delas puxo a pel, a carne e as vísceras, que agochou no bandullo do boi, e na outra puxo os ósos cubertos de gorentosa graxa. Deixou entón elixir a Zeus a parte que comerían os deuses. Zeus elixiu a capa de graxa e encheu de rabia cando viu que en realidade escollera os ósos. Dende aquela, os homes queiman nos sacrificios os ósos para llos ofrecer ós deuses, mais comen a carne.
 
Anoxado por este engano, Zeus privou ós homes do [[lume]]. Prometeo decidiu roubarllo, así que subiu ó monte [[Monte Olimpo, Grecia|Olimpo]] e colleuno do carro de [[Helios]] ou da forxa de [[Hefesto]], e consiguiu devolverllo ós hombres nun facho. Para vingarse por esta segunda ofensa, Zeus ordenou a [[Hefesto]] que fixese unha muller de arxila chamada [[Pandora (deusa)|Pandora]]. Zeus infundiulle vida e enviouna por medio de [[Hermes]] ó irmán de Prometeo, [[Epimeteo (mitoloxía)|Epimeteo]], en cuxa casa se atopaba a [[caixa de Pandora]] que contiña tódalas desgrazas (pragas, dor, pobreza, crime etcétera) coas que Zeus quería castigar á humanidade. Epimeteo casou con ela para acougar a ira de Zeus malia tela rexeitado unha primeira vez por mor das advertencias do seu irmán. Pandora acabaría abrindo a caixa, tal e como Zeus prevera.
 
[[Ficheiro:Heinrich fueger 1817 prometheus brings fire to mankind.jpg|miniatura|dereita|280px|Óleo de [[Heinrich Friedrich Füger]]: ''Prometeo leva o lume á humanidade'' (''Prometheus bringt der Menschheit das Feuer'', ''[[Circa|ca.]]'' 1817).</center></small>''']]