Maputo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 35:
Considérase que os primeiros europeos en visitaren a Baía de Lourenço Marques foron os navegantes portugueses dun navío comandado por Luís Fernandes en 1502 (logo de seguir á primeira viaxe de [[Vasco da Gama]]). Tamén, a baía xa é referenciada no mapa de Cantino, no 1502 e era entón coñecida por Baía da Lagoa. O seu recoñecemento só foi efectuado no 1544 por un escuro comerciante portugués, Lourenço Marques, cuxo nome foi máis tarde dado á baía e á cidade.
 
En 1781, o rei Mpfumo xa prestara vasalaxe aos portugueses. A primeira estrutura física portuguesa no lugar foi un presidio fundado en 1782 por unha forza militar provinteproveniente da [[Illa de Mozambique]] mandada por Xoaquín de Araúxo. O presidio era entón rodeado por varios estados africanos, particularmente os reinos Mpfumo, Matsolo e Tembe. O presidio ou forte foi totalmente destruído por piratas franceses en 1796 e reconstruído en 1799.
 
A primeira ocupación civil portuguesa ocorreu en 1826 coa fixación dalgúns colonos. ''Lourenço Marques'' foi elevada a vila e o seu municípiomunicipio criado no 1875, para despois ser elevada a cidade en 1887. A cidade tornouse cada vez máis prominente na administración da colonia, ata que a capital foi finalmente transferida da [[Illa de Mozambique]] a ''Lourenço Marques'' en 1898.
 
== Divisón administrativa ==