Juan Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 66:
A súa obra, fundamentalmente didáctica e narrativa, é en xeral, impulsada por unha gran preocupación sobre a adecuada formación en corpo, alma e intelixencia dun perfecto cabaleiro medieval, polo xeral clasifícase na habitual denominación de "educación de príncipes"; consta de pequenos opúsculos (''[[Crónica abreviada]]'', ''[[Libro de la caza]]'', ''[[Libro de las tres razones]]'', ''[[Tractado en que se prueba por razón que Sancta María está en cuerpo y alma en Paraíso|Tratado de la Asunción de la Virgen María]]'' e o ''[[Libro infinido]]'' ou ''[[Libro de los castigos y consejos a su hijo don Fernando]]'') e de outras obras de máis extensa ambición polas que é fundamentalmente lembrado, o ''[[Libro del caballero y el escudero]]'', o ''[[Libro de los estados]]'' e o ''[[Conde Lucanor|Libro de Patronio]]'' ou ''[[Conde Lucanor]]''.
O '''''[[Libro del caballero y el escudero]]''''' foinos transmitido cunha gran lagoa textual no seu interior; narra a historia dun escudeiro mancebo aspirante a cortesán quen irá a unhas cortes convocadas polo rei e que recibe nese senso as máis diversos ensinos pola parte dun ermitán que foi cabaleiro. Asiste a unhas xustas e volve á ermida para recibir novos ensinos. O ancián ex-cabaleiro morre e o seu novo discípulo sepúltao. Inspírase en obras semellantes de [[Raimundo Lulio]] e nunha descoñecida obra do escritor romano [[Vexecio]].
O '''''[[Libro de los estados]]''''' ofrece unha visión de como debe ser unha sociedade ideal no século XIV, aínda que é tamén unha narración con fin didáctica (educación dun príncipe) inspirada na lenda de ''[[Barlaam e Xosafat]]'', forma cristianizada na que foi transmitida a Occidente a lenda de [[Buda]], se ben parece que utilizou unha versión desta lenda diferente á atribuída a [[Xoan Damasceno|San Xoan Damasceno]]. A súa obra mestra considérase, porén, o ''Libro de Patronio'' ou '''''[[El conde Lucanor|Libro del conde Lucanor]]'''''[[El conde Lucanor|,]] concluida en 1335, un libro que consta dunha cincuentena de [[conto]]s (en realidade, [[apólogo]]s, [[fábula]]s, [[alegoría]]s e mesmo pequenas noveliñas) precedida dun prólogo e sucedida de catro breves tratados en prosa, onde se ensaia unha forma preliminar de [[conceptismo]], pois, segundo conta o propio autor, lle foi requirido utilizar un estilo menos chan e explícito para se dirixir a persoas de educación superior e se concentrar máis significado en menos palabras. Mais non só por iso se trata dunha obra dunha estraña orixinalidade, senón pola inaudita variedade das súas fontes (desde relatos orais dos seus serventes xudeus e mouriscos á súa propia experiencia persoal, a ''[[Disciplina clericalis]]'' do judeu converso español [[Pedro Afonso]] e múltiples e diferentes repertorios de contiños morais usados para sermóns eclesiásticos), senón tamén por se constituir na primeira colección europea de xénero novelesco (o ''[[Decamerón|Decamerone]]'' de [[Giovanni Boccaccio]] compuíxose a partir de 1348) e pola orixinalidade do seu tratamento literario e estilístico, que non exclúe sagaces razoamentos sobre a pluriforme natureza humana xa desde a primeira narración. A variedade temática é amplísima, como a orixe das fontes.
[[Archivo:Incipit del Conde Lucanor.jpg|thumb|340px|''Incipit'' del ''[[Conde Lucanor]]''. Manuscrito del siglo XIV-XV. Signatura: MSS/6376 de la Biblioteca Nacional de España, fol. 126v.]]
A súa obra mestra considérase, porén, o ''Libro de Patronio'' ou '''''Libro del conde Lucanor]]''''', concluida en 1335, un libro que consta dunha cincuentena de [[conto]]s (en realidade, [[apólogo]]s, [[fábula]]s, [[alegoría]]s e mesmo pequenas noveliñas) precedida dun prólogo e sucedida de catro breves tratados en prosa, onde se ensaia unha forma preliminar de [[conceptismo]], pois, segundo conta o propio autor, lle foi requirido utilizar un estilo menos chan e explícito para se dirixir a persoas de educación superior e se concentrar máis significado en menos palabras. Mais non só por iso se trata dunha obra dunha estraña orixinalidade, senón pola inaudita variedade das súas fontes (desde relatos orais dos seus serventes xudeus e mouriscos á súa propia experiencia persoal, a ''[[Disciplina clericalis]]'' do judeu converso español [[Pedro Afonso]] e múltiples e diferentes repertorios de contiños morais usados para sermóns eclesiásticos), senón tamén por se constituir na primeira colección europea de xénero novelesco (o ''[[Decamerón|Decamerone]]'' de [[Giovanni Boccaccio]] compuíxose a partir de 1348) e pola orixinalidade do seu tratamento literario e estilístico, que non exclúe sagaces razoamentos sobre a pluriforme natureza humana xa desde a primeira narración. A variedade temática é amplísima, como a orixe das fontes.
A estrutura dos contos, porén, reflicta o ordenancismo e a xerarquización medieval. En primeiro lugar un mozo nobre, Lucanor, expon nun tono abstracto un problema que lle esixe pronta resolución ao seu vello conselleiro e aio Patronio; despois, o derradeiro cóntalle un [[apólogo]] do que o mozo extrae a solución do seu conflito, que aplica e resúltalle ben; entón Don Juan Manuel introduce uns versos (de métrica moi interesante e variada para a época) que condensan a moralidade final e por fin exponse unha ''[[estoria]]'' ou viñeta debuxada alusiva ao problema exposto, debuxos que desgrazadamente non se conservan e polo tanto non aparecen nas edicións da obra. Este rigorosa orde expositiva responde a unha intención claramente didáctica, que vai desde o máis [[abstracción (filosofía)|abstracto]] ata o máis [[concreto]], mais onde realmente aparece a arte e o enxeño de Don Juan Manuel é na estrutura interna dos pasaxes meramente narrativos que constitúen os contos e na penetración psicolóxica dos motivos últimos que moven aos personaxes.
O '''''[[Libro de las tres razones]]''''', antes coñecido como ''Libro de las armas'', escrito entre [[1342]] e [[1345]], é a obra do infante máis valorada pola crítica actual despois de ''[[El Conde Lucanor]]'' pola súa interpretación disidente da historia, por se basear nas experiencias persoais do autor e pola calidade da súa prosa. Trátase dunha obra breve que recrea episodios históricos cun alto compoñente de ficción. Neste opúsculo Don Juan Manuel é dono de todas as súas habilidades e recursos literarios.