Juan Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 59:
* Co ''Libro del cavallero et del escudero'', iníciase unha segunda etapa, na que o didactismo, case sempre expresado a través dunha estrutura dialogada, das súas obras é a característica máis destacable. Corresponden a esta fase as súas obras máis recoñecidas, entre elas ''[[El conde Lucanor]]''.
* Por último, a partir de 1337 o seu didactismo exprésase cunha orientación diferente, abandonando actitudes excesivamente exemplarizantes.
En todas estas obras a función predominante e a función didáctica. Neste senso, Don Juan Manuel considérase peranteante todo un educador: tivo un gran referente no seu tío [[Afonso X]] e, decidido a seguir o seus pasos, cultivou unha literatura formativa en castelán, o cal era una rareza naquela época cando todos os escritores cultos preferían o [[latín]].
No século XIV, don Juan Manuel decidíuse a escribir libros en lingua vulgar para facilitar o seu acceso a un maior número de lectores. Dirixía case exclusivamente a súa literatura cara as persoas da nobreza.
Amais de divulgar o saber humano, en moitos casos utilizou a súa obra para retratarse en moitos casos. En xeral, a súa literatura é un reflexo do seu carácter, as súas ambicións e das súas crenzas (escribíu a favor de difundir a relixión, como queda manifestado en ''Tratado de la Asunción'', exaltación á Virxe, na que don Juan Manuel defende o dogma da [[Inmaculada Concepción]]). Tivo un estilo ideal ao que tentou se ater: claridade, exactitude, concisión.
 
===Obras===