Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 616:
 
=== Transporte terrestre ===
{{VTVéxase tamén|Metro de Praga}}
[[Ficheiro:Praha, Střížkov, stanice metra Střížkov, nástupiště II.jpg|180px|Estación de Střížkov, na liña C.|miniatura]]
O Metro de Praga esta composto por 3 liñas: a liña A ou verde, a liña B ou amarela e a liña C ou vermella, e 55 estacións. A súa lonxitude é de 54 quilómetros Existen interseccións entre as tres liñas nas estacións de Můstek (liñas A e B), Florenc (liñas C e B), e Muzeum (liñas A y C). O metro comezou a funcionar o [[9 de maio]] de [[1974]] e ten aproximadamente 500 millóns de pasaxeiros anuais.
 
Praga ten 180 liñas de autobuses diúrnos e 16 nocturnos, con 2.510 paradas en total. O primeiro autobús urbano comezou a circular en [[1908]], pero por diversos problemas técnicos o seu uso foi suspendido ata [[1925]] cando volveu funcionar. A día de hoxe é empregado por máis de 300 millóns de pasaxeiros anualmente.
 
[[Ficheiro:Tram91.jpg|miniatura|dereita|miniatura|180px|Un dos tranvías de Praga.]]
O Tranvía de Praga conta con 26 liñas diúrnas e 9 nocturnas, 628 paradas e 553 quilómetros de vías. Comezou a funcionar en Praga en [[1875]], naquel entón tirado por cabalos. En [[1901]] inaugurouse o primeiro tranvía eléctrico, que finalmente desprazou ao tirado por cabalos en [[1905]]. A día de hoxe o Tranvía é empregado por máis de 300 millóns de pasaxeiros anualmente.