Escola filosófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 85:
* [[Racionalismo]]: Corrente filosófica que apareceu en [[Francia]] no [[século XVII]], formulada por [[René Descartes]], que se opón ao [[empirismo]] e que é un sistema de pensamento que acentúa o papel da [[razón]] na adquisición do coñecemento, en contraste co [[empirismo]], que resalta o papel da [[experiencia]], sobre todo o sentido da percepción. <ref>[http://www.usp.br/fau/docentes/depprojeto/c_deak/CD/4verb/racio/index.html] {{pt}}</ref>. Descartes cría que a [[xeometría]] representaba o ideal de todas as ciencias e tamén da filosofía. Mantiña que só por medio da razón se podían descubrir certas verdades universais, evidentes en si, das que é posíbel deducir o resto dos contidos da filosofía e das ciencias. Manifestaba que estas verdades evidentes en si eran innatas, non derivadas da experiencia. Este tipo de racionalismo desenvolvérono outros filósofos europeos, como o neerlandés [[Baruch Spinoza]] e o pensador e matemático alemán [[Gottfried Wilhelm Leibniz]]. Opuxéronse a ela os empiristas británicos, como [[John Locke]] e [[David Hume]], que crían que todas as ideas procedían dos sentidos.
 
* [[Empirismo]]: Teoría filosófica que enfatiza o papel da [[experiencia]], ligada á [[percepción]] sensorial, na formación do [[coñecemento]].<ref>Carlo Sini, "Empirismo", en ''Enciclopedia Garzanti della Filosofía''. Gianni Vattimo et al., 2004).</ref> Para o empirismo máis extremo, a experiencia é a única base de todo coñecemento, non só en canto á súa orixe, senón tamén en canto ao seu contido. Pártese do mundo sensíbel para formar os conceptos e estes encontran no sensíbel a súa xustificación e a súa limitación. Xorde na [[IdadIdade Moderna]] como froito maduro dunha tendencia filosófica que se desenvolve sobre todo no [[Reino Unido]] desde a Baixa Idade Media. Adoita considerarse en contraposición ao chamado [[racionalismo]], máis característico da filosofía continental. Hoxe en día a oposición empirismo-racionalismo, como a [[distinción analítico-sintético]], non adoita entenderse dun modo tallante, como o foi en tempos anteriores, e máis ben unha ou outra postura obedece a cuestións metodolóxicas e [[heurística]]s ou de actitudes vitais máis que a principios filosóficos fundamentais. Respecto do [[problema dos universais]], os empiristas adoitan simpatizar e continuar coa crítica [[Nominalismo|nominalista]] iniciada na Baixa Idade Media.
 
=== Idade Contemporánea ===