Tapia de Casarego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Hidrografía: Engado un til a Porcía
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 34:
Trátase en calquera caso de materiais xeolóxicos de natureza silícea, sobre os que desenvolven solos ácidos pobres en sales minerais (solos oligotróficos e mesotróficos). Nos fondos de val, os materiais aluviais poden proporcionar unha maior fertilidade aos solos e facilitar a existencia de perfís edáficos máis profundos e desenvolvidos.
 
O relevo ten altitudes bastantes suaves e con poucas pendentes, observándose dúas zonas bastante diferenciadas separadas pola estrada que vai de Figueras a Lagar. Na parte sur desta vía atopamos o cordal de Acevedo e os montes de Candaosa, con alturas de pouca importancia entre as que destaca o outeiro de Las Cruces, con 396 metros. Polo seu lado norte divísase unha extensa e fructífera planicie litoral. Outras alturas reseñables son as do Pico de Las Nieves (251 m.), o Grandela (348 m.), e xa no límite con Castropol o outeiro do Posadoiro (600 m.) e o da Bobia que se atopa xa fóra dos límites do concello, con 1.201 metros. O litoral atópase moi batido polas ondas mariñas, contando con varios acantilados e illotes de pequena altitude. As súas praias tamén presentan diferenciasdiferenzas, atopándose praias de area moi fina a partir da parte occidental da capital. Na parte oriental da vila o que predominan son as ribeiras de pedra que contan con accesos complicados.
 
== Hidrografía ==