Apoptose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m non son exactamente sinónimos
Miguelferig (conversa | contribucións)
m espazo
Liña 1:
{{Bioloxía en progreso}}
 
A '''apoptose''' é oprincipalo principal tipo de [[morte celular programada]], é un xeito de "auto-destrución celular" que requere enerxía e síntese proteica para a súa execución. Está relacionada coa [[homeostase]] na regulación fisiolóxica do tamaño dos [[Tecido (bioloxía) |tecidos]], exercendo un papel oposto ao da [[mitose]]. O termo é derivado do grego, que se refería á queda das follas das árbores no outono - un exemplo de morte programada fisiolóxica e axeitada que tamén implica a renovación.
 
Ocorre no desenvolvemento embrionario, na organoxénese, na renovación de células epiteliais e [[hematopoese|hematopoéticas]], na involución cíclica dos órganos reprodutivos da muller, na atrofia inducida pola remoción de fatores de crecemento ou hormonios, na involución de algúns órganos e aínda na regresión de tumores. Por tanto consiste nun xeito de morte programada, desexábel e necesaria que participa na formación dos órganos e que persiste nalgúns sistemas adultos como a pel e o [[sistema inmunolóxico]].