Nudez na arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 128:
Movemento de profunda renovación en todos os [[Tema artístico|xéneros artísticos]], os románticos puxeron especial fincapé no terreo da espiritualidade, da imaxinación, a fantasía, o sentimento, a evocación ensoñadora, o amor á natureza, xunto a un elemento máis escuro de irracionalidade, de atracción polo [[ocultismo]], a tolemia, o soño. O espido romántico é máis expresivo, outórgase máis importancia á cor que á liña da figura -ao contrario ca no neoclasicismo-, cun sentido máis dramático, en temáticas que varían desde o exótico e o gusto polo [[orientalismo]] até os temas máis puramente románticos: dramas, traxedias, actos heroicos e apaixoados, sentimentos exacerbados, cantos á liberdade, á pura expresión do interior do ser humano.<ref name="século XIX"/>
 
Dacabalo entre o neoclasicismo e o romanticismo sitúase a obra de [[Jean Auguste Dominique Ingres]], cuxas figuras atópanse a medio camiño entre a sensualidade e a preocupación pola forma pura, cun certo aire gótico (peitos pequenos, estómagos prominentes). A súa obra máis famosa é ''[[O baño turco]]'' (1862), que supuxo a culminación dos estudos que durante toda a súa vida dedicou ao espido.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|pp=151-157.}}</ref> [[Eugène Delacroix]] foi un prolífico artista que realizou numerosas obras de espido, de temática moi diversa, dende a relixiosa, mitolóxica, histórica e literaria, até as esceasescenas de xénero ou o espido en por si; para Delacroix calquera pretexto era bo para mostrar a beleza física, como na alegoría de ''[[A Liberdade guiando ao pobo]]'' (1830).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|pp=285-287.}}</ref> En escultura, [[François Rude]] evolucionou do neoclasicismo ao romanticismo, en obras de gran forza expresiva onde xogaba un papel protagonista o espido, con figuras colosais que traducen na súa anatomía o dinamismo da acción, como na súa principal obra, ''A Marsellesa'' (1833). Igual proceso estilístico denotou [[Jean-Baptiste Carpeaux]], con figuras de intenso dinamismo, como ''O conde Ugolino e os seus fillos'' (1863).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|p=279-280.}}</ref>
 
===== Academicismo =====
Liña 147:
O [[impresionismo]] foi un movemento profundamente innovador, que supuxo unha ruptura coa [[arte académica]] e unha transformación da linguaxe artística, iniciando o camiño cara aos movementos de [[Vangardismo|vangarda]]. Os impresionistas inspirábanse na natureza, da que pretendían captar unha «impresión» visual, a plasmación dun instante no lenzo -por influxo da fotografía-, cunha técnica de pincelada solta e tons claros e luminosos, valorando especialmente a luz.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Azcárate Ristori|Pérez Sánchez|Ramírez Domínguez|1983|pp=757-758.}}</ref> Un dos seus iniciadores foi [[Édouard Manet]], autor de dúas obras que, sendo precisamente espidos, provocaron un gran escándalo, pero foron obras rupturistas que abriron o camiño a unha arte nova: ''[[O almorzo sobre a herba]]'' (1863) e ''[[Olympia]]'' (1863).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|p=161.}}</ref>
 
Outros autores continuaron o camiño iniciado por Manet, como [[Edgar Degas]], quen despois duns primeiros espidos de influencia ingresiana evolucionou a un estilo persoal baseado no deseño de debuxo, preocupado esencialmente pola transcrición do movemento, en esceasescenas cheas de vida e espontaneidade. Degas iniciou un subxénero dentro do espido, o da ''toilette'', as mulleres no baño, realizando o seu aseo persoal, que tería gran desenvolvemento a finais do século XIX e principios do XX.<ref>{{Cita publicación periódica|data-publicación= 1989|autor= Pilar de Miguel Egea|título= Do Realismo ao Impresionismo|editorial= Historia 16|lugar-publicación= Madrid|páxina=82}}</ref> [[Pierre-Auguste Renoir]] foi un dos máis grandes intérpretes do corpo feminino, que transcribiu dunha forma realista pero con certo grao de adoración que lle confería un aire de idealizada perfección, cunha visión serea e plácida da nudez, nun ideal de comuñón coa natureza.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|pp=161-167.}}</ref>
 
Posteriormente, os chamados [[Postimpresionismo|postimpresionistas]] foron unha serie de artistas que, partindo dos novos achados técnicos efectuados polos impresionistas, os reinterpretaron de maneira persoal, abrindo distintas vías de desenvolvemento de suma importancia para a evolución da arte no século XX. [[Paul Cézanne]] tratou o espido como expresión da relación entre volumes de cor inmersos na luz, como nos seus ''Bañistas'' (1879-1882). [[Paul Gauguin]] recreou un mundo de primitiva placidez onde a nudez era contemplada con naturalidade, como nas súas obras realizadas en [[Tahití]]. [[Henri de Toulouse-Lautrec]], en contraposición aos estilizados espidos dos salóns académicos, estudou a figura feminina na súa máis cruenta carnalidade, sen agochar as imperfeccións propias do corpo, con preferencia por escenas de [[circo]] e [[music-hall]], ou ben de ambientes bohemios e de prostíbulos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|pp=301-305.}}</ref>
Liña 192:
O surrealismo puxo especial énfase na imaxinación, a fantasía, o mundo dos soños, cunha forte influencia do [[psicanálise]]. Un dos seus principais representantes foi [[Salvador Dalí]], cunha obra figurativa pero intensamente onírica, cunha gran obsesión polo sexo, tema recorrente na súa obra: ''[[O gran masturbador]]'' (1929), ''[[A tentación de San Antonio (Dalí)|A tentación de San Antonio]]'' (1946), ''[[Leda atómica]]'' (1949), ''[[Crucifixión (Dalí)|Crucifixión (Corpus hypercubus)]]'' (1954), ''[[Dalí espido]]'' (1954) etc.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|p=370.}}</ref> [[Paul Delvaux]] encadrouse nun tipo de pintura figurativa pero extrañamente inquietante, onde as mulleres espidas conviven con homes que as miran con ávido voyeurismo, conseguindo recrear un ambiente dun erotismo de pesadelo. [[René Magritte]] desenvolveu unha obra onde o corrente e o banal convive co fantástico e estraño, a miúdo con fortes connotacións eróticas, en atmosferas perturbadoras cunha iconografía recorrente, destacando a ambigüidade dos obxectos que retrata. [[Óscar Domínguez]] mostra en ''A máquina de coser electrosexual'' (1935) un delirio onírico onde o compoñente sexual combínase coa mecanicidad da era industrial.<ref>{{cita web |url= http://historiadelarte-amparosantos.blogspot.com/2009/05/la-maquina-de-coser-electrosexual-oscar.html|título= ?A máquina de coser electrosexual?, Óscar Domínguez|dataacceso=20 de agosto de 2011|autor= Amparo Santos|data= 04-05-2009}}</ref>
 
En escultura, [[Constantin Brâncu?i]] efectuou un proceso de redución da figura humana cara á máis estrita simplicidade, próxima á abstracción (''Musa durmida'', 1911). Seguiu o seu ronsel [[Alberto Giacometti]], con figuras reducidas a simples filamentos, moi alargadas e demacradasconsumidas, mostrando o illamento do home (''Espido de pé'', 1953). [[Henry Moore]] inspirouse no corpo humano en moitas das súas obras, que supoñen unha abstracción da forma onde o corpo queda esbozado nunhas liñas simples e dinámicas, ondulantes, que suxiren máis que describen a forma básica do corpo (''Figura reclinada'', 1951).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|pp=353-355.}}</ref>
 
;''[[Art déco]]'' (1925-1945)