Nudez na arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 17:
Dado que as actitudes da sociedade sobre o espido na arte cambiaron, isto ás veces conduciu a conflitos sobre pezas de arte que xa non se axustan ós estándares vixentes. Por exemplo, algúns membros da Igrexa Católica organizaron en certa época a denominada "campaña da [[folla de parra]]" para cubrir a nudez na arte, comezando coas obras de [[Michelangelo Buonarroti|Michelangelo]], afamado artista do [[Renacemento]], pero posteriormente a Igrexa sacou estas follas de parra e deixou as obras tal como eran orixinalmente. En cambio era usual na arte grega antiga, desde os tempos do [[Época Arcaica|período arcaico]], mostrar ás deidades e humanos divinizados (ou "heroes") nunha condición de [[espido heroico]] nas pinturas e nas esculturas, e este costume estendeuse durante os períodos romano e clásico.
 
O [[Espido artístico|''espido'']] converteuse nun [[Xénero (arte)|xénero]] persistente e tema da [[arte figurativa]], especialmente [[pintura]]s, [[escultura]] e [[fotografía]]. No mesmo preséntanse persoas sen roupas, polo xeral con convencións estilísticas ou poses que remarcan os elementos artísticos (tales como inocencia, ou elementos teatrais ou artísticos) do ''espido'' en comparación co estado provocativo dun ''espido exposto''. Unha figura ''espida'' é unha representación do corpo humano, tal como unha deusa ou un home na antiga Grecia, para a cal a ausencia de roupas é a súa condición natural, polo cal non se insinúa ningunha connotación sexual. En comparación unha figura nun ''espido exposto'' é aquela, tal como unha prostituta contemporánea ou un home de negocios, que normalmente está vestido, de forma tal que a súa ausencia nunha escena implica actividade sexual ou certo estado de suxestión. Este tipo de representacións polo xeral eran escasas na arte europea do período medieval até as últimas décadas do século XIX; no interimínterim, unha obra que presentase unha muller sen vestimentas sería polo xeral denominada "[[Venus (deusa)|Venus]]" ou algunha outra deusa greco-romana, para xustificar a súa nudez. Pode ser motivo de certo debate se unha figura artística é un ''espido'' ou un ''espido exposto'', por exemplo nalgunhas obras de [[Francis Bacon (pintor)|Francis Bacon]].
 
Mesmo aínda que os gustos cambiaron significativamente, os temas de semi-espidos mantiveron a súa atracción, incluso adicándose a copiar escenas de fai moitos séculos.
Liña 35:
| align="center" | [[Ficheiro:Goya Maja ubrana2.jpg|300px|''La maja vestida''.]]
|-
| colspan="2" | ''[[La maja desnuda]]'' e ''[[La maja vestida]]'' de [[Francisco José de Goya y Lucientes|Goya]].<br />Goya pintou ''La maja vestida'' despois do escándalo na sociedade española sobre o anterior cadro da ''Desnuda''.<br />SinSen unha pretensión alegórica ou significado mitolóxico, a pintura era "o primeiro espido total feminino a tamaño real<br />dentro da arte Occidental".<ref>Licht, Fred, page 83, 1979.</ref> Goya rexeitou pintar roupa enriba dela, pola contra fixo un novo cadro.
|}
</center>
Liña 94:
O [[barroco]] desenvolveuse entre o [[século XVII]] e comezos do [[Século XVIII|XVIII]]. A arte volveuse máis refinada e ornamentada, con pervivencia dun certo racionalismo clasicista pero con formas máis dinámicas e efectistas, con gusto polo sorprendente e anecdótico, polas ilusións [[óptica]]s e os golpes de efecto.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Azcárate Ristori|Pérez Sánchez|Ramírez Domínguez|1983|pp=479-480.}}</ref> Durante o barroco seguiu predominando o espido feminino, como obxecto de pracer do mecenas aristocrático, que se recreaba neste tipo de composicións, onde xeralmente a muller tiña un papel subordinado ao home.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Newall|2009|pp=30-31.}}</ref>
 
O barroco tivo como principal heraldo do espido a [[Peter Paul Rubens]], cuxas figuras femininas robustas e dunha carnal sensualidade marcaron época no concepto estético de beleza do seu tempo, con obras como ''[[As tres Grazas (Rubens)|As tres Grazas]]'' (1636-1639) ou o ''[[Xuízo de Paris (Rubens)|Xuízo de Paris]]'' (1639). Autor de máis de dous mil cadros, quizáquizais sexa o artista que máis espidos representou na historia.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|p=200.}}</ref> No lado oposto ao idealismo de Rubens sitúase a obra de [[Rembrandt]], herdeiro das formas redondeadas do espido nórdico de orixe gótica, con figuras tratadas de forma realista, igual de exuberantes cás de Rubens pero máis mundanas, sen disimular os pregues da carne ou as engurras da pel, cun patetismo que acentúa a crúa materialidade do corpo, no seu aspecto máis humillante e lastimoso.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|pp=326-329.}}</ref> En Italia destacou a obra de [[Gian Lorenzo Bernini]], arquitecto e escultor que escenificou o boato da Roma papal dunha forma suntuosa e grandilocuente, e cuxas obras expresan o movemento dinámico e sinuoso tan propio do barroco, como no seu ''[[David (escultura de Bernini)|David lanzando a súa fonda]]'' (1623-1624) ou ''[[Apolo e Dafne (escultura de Bernini)|Apolo e Dafne]]'' (1622-1625). Outro gran creador foi [[Caravaggio]], que iniciou un estilo coñecido como naturalismo ou [[caravaggismo]], baseado na estrita realidade natural e caracterizado pola utilización do [[claroescuro]] ([[tenebrismo]]) en aras de conseguir efectos dramáticos e sorprendentes grazas á interacción entre luces e sombras.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|pp=214-215.}}</ref>
 
Entre Italia e Francia orixinouse outra corrente denominada [[Pintura clasicista|clasicismo]], igualmente realista pero cun concepto da realidade máis intelectual e idealizado, e onde a temática mitolóxica era evocadora dun mundo de perfección e harmonía, parangonable á [[Arcadia]] romana. Iniciouse na [[Escola Boloñesa]], da man de [[Annibale Carracci]], destacando igualmente [[Guido Reni]], [[Francesco Albani]] e [[Nicolas Poussin]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|p=216.}}</ref> España seguiu sendo nesta época un país artisticamente casto e recatado, onde o espido víase con ollos pudorosos, sendo predominantemente de tema relixioso, como se percibe na obra de [[Francisco Ribalta]], [[José de Ribera]], [[Francisco Zurbarán]], [[Gregorio Fernández]] e [[Pedro de Mena]]. Algo máis de liberdade tivo [[Diego Velázquez]], sen dúbida polo seu posto como pintor real, polo que puido efectuar máis espidos ca calquera outro artista español do seu tempo, destacando a ''[[Venus do espello]]'' (1647-1651), un dos espidos máis magníficos e afamados da historia.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|p=357.}}</ref>