Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Rechiarius.jpg" que foi borrado en Commons por Alan. Motivo: Copyright violation; see Commons:Licensing, PRP|Precautionary principle and
Liña 39:
 
== Fontes ==
 
[[Ficheiro:Rechiarius.jpg|miniatura|upright|140px|Moeda de prata pertencente ao rei suevo [[Requiario]] (448–55). No reverso apreciase o motivo dunha cruz latina inscrita nunha coroa de loureiro.]]
Carecemos de documentos do reino propiamente ditos, diplomas, como na maior parte dos estados xermánicos desta época, pero temos varias fontes cronísticas coetaneas. A fundamental é ''O Cronicón'' de Hidacio onde os suevos ocupan un papel central e malia á visión moi negativa do autor informa de varias circunstancias históricas deles de primeira man. Na ''Historia'' de [[Orosio]], tamén do [[século V]], conta un pouco menos xa que pretende ser unha historia do mundo pero relata cousas da contorna galega do autor. Xa do [[século VI]] contamos con varias obras de tipo cronístico ([[Xoán de Biclaro]] e [[Isidoro de Sevilla]]), literario ([[Martiño de Dumio|san Martiño]], [[Gregorio de Tours]], Venancio Fortunato) e mesmo as actas (ou semellante) dos tres concilios suevos. Son especialmente valiosas as actas do [[Primeiro Concilio de Braga]] e do [[Segundo Concilio de Braga]] (ambos presididos por San Martiño). Tamén é unha fonte excepcionalmente valiosa sobre a época o [[Parrochiale Suevum]] que é unha organización territorial do reino que deberá formar parte das actas dun suposto concilio en [[Lugo]]. Outras fontes valiosas son as [[numismática]]s. Nas moedas de [[Requiario]] aparece por primeira vez a cara dun rei xermánico no lugar onde ata o momento aparecía o emperador romano. E noutras a lenda ''gallica mvnita'' sinala que o reino era do territorio de Gallaecia superando os estreitos marcos étnicos propios das primeiras monarquías xermánicas.